Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28690

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 27 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca para a súa cobertura, polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, unha praza de xefatura da Sección de Hemodinámica Cardíaca.

O xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria para a súa cobertura, polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefatura da Sección de Hemodinámica Cardíaca, dependente do Servizo de Cardioloxía.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde
(www.sergas.es) e na páxina do espazo do profesional da EOXI Coruña:

espazo.do.profesional.coruna@sergas.es

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro da Xestión Integrada da Coruña, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 27 de maio de 2014

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a da Sección de Hemodinámica Cardíaca da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A1.

Nº de vacantes: 1.