Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28482

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do acordo relativo á rectificación das bases específicas da convocatoria de prazas de policía local.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 23 de maio de 2014, adoptou acordo relativo á rectificación, ao abeiro do artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, das bases específicas da convocatoria de vinte e tres plazas de policía local (dezaoito pola quenda libre e cinco por mobilidade horizontal), publicadas no BOP nº 240, do 18 de decembro de 2013, e no DOG nº 245, do 24 de decembro de 2013, incluídas na oferta de emprego público correspondente aos anos 2010-2011 –segunda fase–, debendo engadir ás bases específicas no punto 8.-Policía local, o seguinte:

«X. Curso selectivo de formación e prácticas.

De conformidade co previsto na base XIV das xerais e no Decreto da Xunta de Galicia 204/2000, do 21 de xullo, os/as aspirantes aprobados/as deberán superar un curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade Pública de Galicia (Agasp).

Ademais, os/as aspirantes que superen o curso deberán realizar un período de prácticas no concello que será valorado pola Alcaldía tras o informe do xefe do corpo. Deberán obter a cualificación de apto para superalo.

Superado o período de formación, os/as alumnos/as recibirán o diploma acreditativo e poderán ser nomeados/as funcionarios/as de carreira.

O/a alumno/a que por enfermidade ou algunha outra causa xustificada perda máis do 15 % das clases do curso de formación será declarado/a non apto e poderá incorporarse ao seguinte curso cando a causa determinante llo permita.

O/a alumno/a que non supere o curso de formación teórico-práctica poderá repetilo por unha soa vez, e neste caso deberá incorporarse ao curso seguinte».

Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acto administrativo que poña fin á vía administrativa, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere procedente en dereito.

Vigo, 2 de xuño de 2014

Carlos López Font
Concelleiro delegado de Xestión Municipal