Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28481

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de proceso de funcionarización de catro prazas de laboral fixo.

Por Resolución da Alcaldía, do 29 de maio de 2014, aprobáronse a convocatoria e as bases do proceso de funcionarización de catro (4) prazas de laboral fixo do Concello de Taboada, por promoción interna, concurso-oposición, ao abeiro da disposición transitoria segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril.

A convocatoria íntegra e as bases que rexen o proceso foron publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 125, do 3 de xuño de 2014.

O que se publica para común coñecemento.

Taboada, 3 de xuño de 2014

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde