Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28377

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1335/2012).

Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio, seguido por instancia de María Pilar Fernández Seoane fronte a Hipólito Eduardo Castro Flores, ditouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando parcialmente a demanda de xuízo verbal interposta polo procurador Sr. Núñez Blanco en nome e representación de María Pilar Fernández Seoane, asistida do letrado Sr. Febreiro Bande, fronte a Hipólito Eduardo Castro Flores, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia de filla menor de idade na relación análoga á conxugal das partes, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

Que a menor Jennifer María Castro Fernández quede baixo a garda e custodia da súa nai María del Pilar Fernández Seoane e baixo a patria potestade exclusiva da nai, debendo ser privado o pai da patria potestade ata que demostre co seu comportamento que se involucra asertivamente na vida e necesidades da súa filla.

Suspensión de todo réxime de estancias e comunicación do proxenitor non custodio.

Determínase que o pai deberá contribuír aos alimentos da menor na cantidade de 120 euros mensuais, cantidade que deberá ingresar Hipólito Eduardo Castro Flores na conta que designe María del Pilar Fernández Seoane nos cinco primeiros días de cada mes.

A referida contribución actualizarase cada doce meses de acordo co índice xeral de prezos de consumo, servindo de base para cada actualización a contribución fixada máis as sucesivas actualizacións que se vaian producindo.

O proxenitor contribuirá por metade aos gastos extraordinarios de sanidade e educación que xere a menor.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (arts. 458 ss. e 776 Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na disposición adicional 15ª da LOPX.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Hipólito Eduardo Castro Flores, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2014

A secretaria xudicial