Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28375

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria para a provisión do posto de condutor de instalacións de electromedicina da dita xerencia, publicada o día 19 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 34, do 19 de febreiro).

Convocada por Resolución do 28 de xaneiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 34, do 19 de febreiro), a provisión dun posto de condutor de instalacións de electromedicina, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (Diario Oficial de Galicia nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de condutor de instalacións de electromedicina convocado por Resolución do 28 de xaneiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 34, do 19 de febreiro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2014

Luis Verde Remeseiro
Xerente

ANEXO

Posto: condutor de instalacións de electromedicina.

Nome e apelidos: Justo Francisco Cano Araújo.

DNI: 42769842-P.