Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28373

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria para a provisión dos postos de condutor de instalacións da dita xerencia, publicada o día 19 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 34, do 19 de febreiro).

Convocada por Resolución do 28 de xaneiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 34, do 19 de febreiro), a provisión de catro postos de condutor de instalacións, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (Diario Oficial de Galicia nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de catro postos de condutor de instalacións convocados por Resolución do 28 de xaneiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 34, do 19 de febreiro).

Segundo. Nomear, para dous postos de condutor de instalacións, as persoas que se citan no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar deserta a convocatoria no relativo a dous postos de condutor de instalacións por non concorrer ningún aspirante a ela.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2014

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto: condutor de instalacións.

Nome e apelidos: José Manuel Bello García.

DNI: 33217375-Q.

Posto: condutor de instalacións.

Nome e apelidos: Remigio Alonso Vieito.

DNI: 33285893-V.