Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28370

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a Resolución CM 1/2014, da mesma data, de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos de supervisor/a de unidade.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, e na Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, varios postos de supervisor/a de unidade de Xestión Integrada de Vigo, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos de Xestión Integrada de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse en calquera dos rexistros de entrada de Xestión Integrada de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 28 de maio de 2014

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Quirófano do Hospital do Meixoeiro.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Lactantes do Hospital Xeral.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de UCI do Hospital do Meixoeiro.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a de unidade da planta 4ª, ala 2, do Hospital do Meixoeiro.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade do Laboratorio de Hematoloxía do Hospital Xeral.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade do Centro de Especialidades de Coia.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Urxencias Pediátricas do Hospital Xeral.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Urxencias de Adultos do Hospital Xeral.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Consultas Externas do Hospital Xeral.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a de unidade da planta 7ª do Hospital Xeral.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a de unidade da planta 10ª do Hospital Xeral.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes: 1.