Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28098

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (906/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 906/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Vilas Fernández contra Fotocopias Maxim, S.L.U., María Sierra Domínguez, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente as demandas interpostas por Isabel Vilas Fernández contra Fotocopias Maxim, S.L.U., María Sierra Domínguez –en calidade de administradora concursal– e Fogasa, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a existencia de incumprimento contractual grave e culpable imputable á demandada Fotocopias Maxim, S.L.U. Concorre causa de extinción da relación laboral por instancia da traballadora ao abeiro do artigo 50 do ET; e así mesmo, debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado pola demandada Fotocopias Maxim, S.L.U. con data do 21.8.2013; non procede declarar a extinción da relación laboral entre as partes nesta sentenza por constar xa extinguida polo Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña por auto ditado con data do 12.12.2013 no procedemento concursal nº 233/2013.

2. Debo condenar e condeno a Fotocopias Maxim, S.L.U. a que lle aboe á demandante a suma de 21.403,53 euros en concepto de indemnización por incumprimento contractual grave do empresario e por despedimento improcedente, debendo descontarse desa suma a cantidade que a demandante percibise pola extinción da relación laboral acordada polo Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña, por auto ditado con data do 12.12.2013 no procedemento concursal nº 233/2013.

3. Debo condenar e condeno a Fotocopias Maxim, S.L.U. a lle aboar á demandante a suma de 9.643,89 euros en concepto de salarios debidos ata a data de extinción da relación laboral, co detalle indicado no feito probado sétimo desta resolución, máis o 10 % de xuro por mora sobre tal cantidade conforme o artigo 29.3 do ET.

4. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxim, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014

A secretaria xudicial