Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28100

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (115/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despido 115/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joel Bienvenido Medina Inirio contra Carpe Diem El Puerto, S.C. e outros sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014.

Parte dispositiva.

Acordo:

– Considerar que Joel Bienvenido Medina Inirio desiste da súa demanda de despedimento fronte a Carpe Diem El Puerto, S.C., Antonio Pérez Sánchez, María del Mar Fernández Vilariño, Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación no procedemento correspondente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

A secretaria xudicial

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Joel Bienvenido Medina Inirio, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

A secretaria xudicial