Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (641/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 641/2013 por instancia de Carlos Tudoli Noya contra Irevir Intermodal, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante contra a empresa Irevir Intermodal, S.A., debo condenar e condeno a esta a que aboe ao demandante a cantidade de 10.637,33 euros, máis o dez por cento de xuro de demora.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Irevir Intermodal, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 30 de maio de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial