Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27917

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (172/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 172/2014 por instancia de José Antonio López Lorenzo contra Gestión Logística Coruña, S.L., Transportes Oza, S.L., Feberal Logística, S.L., a administración concursal de Transportes Oza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 22.5.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución estímase parcialmente a demanda interposta por José Antonio López Lorenzo fronte a Transportes Oza, S.L., a súa administración concursal, Gestión Logística Coruña, S.L. e Feberal Logística, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento do traballador realizado por Transportes Oza, S.L.

– Declárase extinguida a relación laboral entre José Antonio López Lorenzo e a empresa Transportes Oza, S.L. o 29 de decembro de 2013.

– Absólvese a Gestión Logística Coruña, S.L. e Feberal Logística, S.L. das pretensións fronte a elas exercidas.

– Condénase a empresa Transportes Oza, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de vinte e dous mil seiscentos seis euros con setenta e catro céntimos de euro (22.606,74 euros), vinculando tales cantidades á administración concursal de Transportes Oza, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Feberal Logística, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 29 de maio de 2014

A secretaria xudicial