Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27915

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (241/2013).

Violeta Reboredo Otero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira, polo presente anuncio:

No presente procedemento de medidas paterno filiais seguido pora instancia de Sandra María Groba Santamaría fronte a Tomás Queiruga Calo ditouse sentenza o 15 de abril e auto de aclaración o 6 de maio, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Ribeira o 15 de abril de 2014.

Vistos por Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos correspondentes ao procedemento de medidas paterno filiais nº 241/2013 promovidos pola procuradora Sra. Pariente Pouso, en nome e representación de Sandra Mª Groba Santamaría, e asistida pola letrada Sra. Calvo Eiras e coa intervención do Ministerio Fiscal na persoa de Cristina Margalet, en representación dos intereses dos fillos menores.

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta por Sandra Mª Groba Santamaría, se acorda:

1º. Atribución da garda e custodia á nai.

2º. En materia de pensión de alimentos fíxase no 30 % do salario do demandado cando se poida acreditar a contía deste.

3º. Non se acorda establecer ningún réxime de visitas.

Non hai condena en custas.

Contra esta sentenza poderase interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Auto.

Xuíza/maxistrada xuíza.

Nieves Corral Montes.

En Ribeira o seis de maio de dous mil catorce.

Parte dispositiva.

Acordo a aclaración solicitada da resolución recaída no procedemento de medidas paterno filiais nº 241/2013, debendo completarse o fundamento de dereito segundo no sentido seguinte:

«Dada a natureza da pensión por alimentos que constitúe un deber ineludible de cada proxenitor, os menores non poden quedar sen a axeitada percepción de sustento, polo tanto, procede fixar unha contía mínima de 150 euros en concepto de alimentos que debe atender o demandado no caso de que non perciba salario e si perciba algunha axuda, subsidio ou pensión».

Notifíquese esta resolución ás partes.

E encontrándose o devandito demandado Tomás Queiruga Calo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ribeira, 21 de maio de 2014

A secretaria xudicial