Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27661

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño

EDICTO (345/2011).

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño, polo presente

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 345/2011, seguido por instancia de IC Companys Spain, S.A. fronte a Jorge Manuel Gómez Vaz Pereira, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Parte demandante: IC Companys Spain, S.A.

Letrado: Gonzalo Lucas Díaz Toledo.

Procuradora: Begoña Bugarín Saracho.

Parte demandada: Jorge Manuel Gómez Vaz Pereira, en situación procesual de rebeldía,

Decisión:

Que debo estimar e estimo substancialmente a demanda interposta pola representación procesual de IC Companys Spain, S.A. contra Jorge Manuel Gómez Vaz Pereira e, neste sentido, declaro que os seguintes bens, atribuídos ao demandado tras liquidarse a sociedade de gananciais, están afectos ao pagamento da débeda ganancial recoñecida a favor da demandante en virtude de Sentenza ditada o día 24 de maio de 2007 polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 do Porriño (documento 78 da demanda):

– Vivenda situada en Salceda de Caselas, r/ Victoriano Pérez Vidal, nº 13, planta 3, porta A, inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 1079, libro 111, folio 46.

– Praza de garaxe situada en Salceda de Caselas, r/ Victoriano Pérez Vidal, nº 13, planta STN-1, inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 1089, libro 112, folio 151.

– Rocho situado en Salceda de Caselas, r/ Victoriano Pérez Vidal, nº 13, STN-1, inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 1089, libro 112, folio 71.

Que debo impor e impoño as custas causadas a Jorge Manuel Gómez Vaz Pereira.

Contra esta sentenza cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días ante este xulgado e do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de acreditación de ter depositado a cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado. A falta de correcta consignación suporá a inadmisión a trámite do recurso. A desestimación ou inadmisión deste suporá a perda do depósito.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E encontrándose o dito demandado, Jorge Manuel Gómez Vaz Pereira, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Porriño, 27 de febreiro de 2014

O secretario xudicial