Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27663

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (1820/2012).

Xuízo de faltas número 1820/2012.

Delito/falta: estafa (todos os supostos).

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente se lle notifica a José Rodríguez Hernández o encabezamento e decisión da seguinte sentenza:

«Sentenza: 75/2014.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira.

Xuízo de faltas número 1820/2012.

Sentenza.

Ribeira, 8 de abril de 2014.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do xuízo de faltas número 1820/2012 por unha falta de estafa do artigo 623, coa asistencia do Ministerio Fiscal na persoa de Cristina Margalet, no cal foi parte denunciante Carolina Pérez Pérez e parte denunciada José Rodríguez Hernández, quen non compareceu malia estar citado en legal forma.

Decisión.

Que debo condenar e condeno a José Rodríguez Hernández como autor dunha falta de estafa do artigo 623.1 do Código penal á pena de multa de 30 días cunha cota diaria de 4 €, condenándoo en caso de non pagamento da multa á responsabilidade persoal de 15 días de privación de liberdade, que poden cumprirse en réxime de localización permanente.

Condénaselle igualmente ao pagamento dunha indemnización de xeito subsidiario de 214,16 € en caso de que a empresa MRW non aboe a dita cantidade a Carolina Pérez Pérez, cantidade que devindicará os xuros do artigo 576 da LAC para o condenado.

Fáiselle expreso requirimento á empresa MRW para que lle aboe a Carolina Pérez Pérez a suma que tiñan retida de 214,16 €.

A presente resolución non é firme e contra esta cabe recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes á súa notificación, para cuxo efecto deberá presentarse no dito prazo escrito expoñendo as razóns en que se funde o recurso e que deberá tramitarse conforme o previsto nos artigos 790 a 792 da LaCrim.

Así, por esta a miña sentenza, da cal levará certificación ás actuacións orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi o anterior pola xuíza que a subscribe, realizando audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe».

Para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expídese o presente. Dou fe.

Ribeira, 15 de maio de 2014

A secretaria xudicial