Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27659

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (346/2009).

Procedemento: ordinario 346/2009.

Sobre: outras materias.

De: Hermanos Baliñas, S.L.

Procurador: Avelino Calviño Gómez.

Contra: Hermanos Coira Taibo, S.L.

No presente procedemento ordinario 346/2009 seguido por instancia de Hermanos Baliñas, S.L. fronte a Hermanos Coira Taibo, S.L., ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Estímase integramente a demanda formulada polo procurador Sr. Calviño Gómez, en representación da entidade Hermanos Baliñas, S.L., contra a entidade Hermanos Coira Taibo, S.L., en situación procesual de rebeldía, e condénase a demandada ao pagamento da cantidade de 5.383,02 euros polos conceptos expresados nos feitos terceiro e quinto da demanda, así como a que se devindique pola estadía do vehículo no taller ata a retirada, máis o xuro legal do diñeiro desde a data da interpretación xudicial (31.7.2009) ata a desta sentenza, e a partir desta data devindicaranse os xuros previstos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil ata o completo pagamento e con imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que a resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados a partir do seguinte á súa notificación.

Por esixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso contra esta resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal de Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, expediente 1575-0000-04-0346/09.
O depósito da expresada suma deberá ser acreditado ao interpor o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do resgardo ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuados da obriga de constituír o depósito os que teñan recoñecido no procedemento o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño desta sentenza para a súa unión aos autos e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o dito demandado, Hermanos Coira Taibo, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin que lle sirva de notificación en forma.

Padrón, 13 de febreiro de 2013

Eduardo José Castaño Barreiro
Secretario xudicial