Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2014 pola que se autoriza, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade co dereito mineiro correspondente á solicitude de permiso de investigación Rivas número 5098 da liña eléctrica denominada LAT 132 kV O Irixo-Lalín, que transcorre polos termos municipais do Irixo (Ourense) e Dozón e Lalín (Pontevedra), promovida por Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2007/169-3 AT).

Logo de examinar o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 22.8.2007 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de impacto ambiental da instalación eléctrica denominada LAT (liña eléctrica de alta tensión) 132 kV O Irixo-Lalín, presentando a documentación establecida para o efecto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, e na Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

Coa construción desta liña eléctrica, que conectará a subestación do parque eólico do Irixo (Ourense) e a subestación de Lalín (Pontevedra), preténdese garantir a subministración de enerxía eléctrica na zona e evitar a posición en punta tanto da subestación de Lalín como da subestación do Irixo.

Este proxecto someteuse aos trámites de petición de condicionados, de petición de informes ambientais e de información pública; este último, mediante Resolución do 22.10.2007, da Delegación Provincial de Ourense desta consellería, pola que se someteu a información pública o estudo ambiental, o proxecto de execución e a solicitude de autorización administrativa, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 10.12.2007 e nos boletíns oficiais das provincias de Ourense do 27.11.2007 e de Pontevedra do 3.12.2007.

As condicións impostas á traza da liña eléctrica por diferentes organismos e outras cuestións técnicas de mellora da instalación obrigaron a empresa promotora, Unión Fenosa Distribución, S.A., a redactar un novo proxecto.

Segundo. O 25.10.2007 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a declaración de incidencia supramunicipal e posterior aprobación definitiva do proxecto sectorial da citada liña eléctrica LAT 132 kV O Irixo-Lalín, presentando a documentación establecida para o efecto no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

O 17.3.2008 a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sustentable, en resposta a unha consulta da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas sobre a necesidade ou non de someter o dito proxecto sectorial ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, conclúe que a protección do ambiente e a sustentabilidade garántese axeitadamente a través da avaliación de impacto ambiental, non sendo necesaria a realización da avaliación ambiental estratéxica.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 27.3.2008, acordou declarar o proxecto sectorial da citada liña eléctrica LAT 132 kV O Irixo-Lalín como de incidencia supramunicipal.

Por Resolución do 10.4.2008, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, someteuse a información pública o dito proxecto sectorial, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 27.5.2008 e no xornal La Voz de Galicia do 2.5.2008.

Terceiro. O 10.8.2011 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de impacto ambiental, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública, en concreto, do novo proxecto modificado da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, presentando a documentación establecida para o efecto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

Este novo proxecto, que substitúe o inicial, ten por obxecto dar resposta aos condicionados ao trazado da liña eléctrica recollidos nos informes emitidos, respecto do proxecto inicial, pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e polo Concello de Lalín, e incorporar tamén unha serie de modificacións técnicas derivadas do cambio de condutor previsto no proxecto inicial de LA-180 a LA-280.

Segundo consta neste novo proxecto, a instalación eléctrica consiste nunha liña eléctrica aéreo-soterrada, a 132 kV, con orixe na subestación do parque eólico do Irixo e final na subestación de Lalín, atravesando os termos municipais do Irixo na provincia de Ourense e Dozón e Lalín na provincia de Pontevedra, cunha lonxitude de 21.708 m, dos cales 20.188 m son en aéreo, con condutor tipo LA-280 (HAWK) e sobre apoios metálicos de celosía, e 1.520 m son en soterrado, con condutor R.H.E. 1×630 mm2 Al, cos seguintes tramos:

– Tramo 1: aéreo de 15.764 m de lonxitude, dende a subestación do Irixo ata o apoio nº 45 de transición aéreo-soterrado.

– Tramo 2: soterrado en canalización formigonada baixo tubaxe, de 319 m de lonxitude, entre os apoios nº 45 e 46, ambos de paso aéreo-soterrado.

– Tramo 3: aéreo de 4.424 m de lonxitude, que comeza no apoio nº 46 e finaliza no apoio nº 58 de transición aéreo-soterrado.

– Tramo 4: soterrado en canalización formigonada baixo tubaxe, de 1.201 m desde o apoio nº 58 de paso aéreo-soterrado ata a subestación de Lalín.

Cuarto. Por Acordo do 30.8.2011 da Xefatura Territorial de Ourense desta consellería, someteuse a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LAT 132 kV O Irixo-Lalín, o seu proxecto modificado de execución, o seu estudo de impacto ambiental e o seu proxecto sectorial modificado de incidencia supramunicipal, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 21.11.2011, nos Boletíns oficiais das provincias de Pontevedra do 26.12.2011 e de Ourense do 28.12.2011, nos xornais La Región e El Faro de Vigo do 20.12.2011, así como nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados e das xefaturas territoriais de Ourense e Pontevedra das consellerías de Economía e Industria e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Así mesmo, practicóuselle notificación individual aos particulares afectados que permanecen no expediente expropiatorio, así como a aqueles propietarios que resultaron desafectados con relación á información pública e á Relación de Bens e Dereitos Afectados (RBDA) inicial, aos que se lles indicou tal circunstancia.

Quinto. Durante o trámite de información pública do novo proxecto da citada instalación eléctrica, presentáronse as seguintes alegacións (das que se deu traslado á empresa promotora da liña eléctrica, a cal presentou a súa contestación):

Alegacións

Resumo

1

Ángel García Brea, en representación de Amalio García Taboada, presenta escrito de alegacións con respecto do predio nº 917, que figura na RBDA publicada a nome de Amalio García Taboada pero con enderezo descoñecido, no que comunica o enderezo do titular e solicita a súa incorporación ao expediente, así como a comunicación de calquera novidade proxecto ao titular do predio.

Posteriormente, presenta un novo escrito de alegacións no que comunica o falecemento do seu pai, Amalio García Taboada, e que os herdeiros son os seus fillos Mercedes, Ángel e Marta García Brea, e solicita que calquera comunicación relativa ao procedemento se realice a nome de Mercedes García Brea ao enderezo indicado para o efecto.

2

Manuel Taboada Estévez, en representación da súa familia, presenta varios escritos de alegacións idénticos nos que manifesta o seguinte: 1. A pesar da non existencia dunha relación de propietarios afectados, considera que a súa familia é propietaria dunha serie de parcelas que se ven afectadas polo proxecto (polígono 85: parcela 264; polígono 86: parcelas 318, 466, 482 e 518; polígono 84: parcelas 36, 475, 473, 404, 249 e 189), das cales dúas delas (polígono 86: parcelas 466 e 482) atópanse dentro de espazo natural Fraga de Catasós, e que non se fixo a declaración de interese público e xeral; 2. En canto ao estudo ambiental, considera que é incompleto e que non cumpre coa lexislación de aplicación, xa que non se realizou un estudo previo de distintas alternativas posibles; 3. En canto ao proxecto de execución, considera que tamén é incompleto e alega a non realización do plan sectorial e o incumprimento do PXOM do Concello de Lalín e da lexislación vixente en materia urbanística e de ordenación do territorio, non existindo tampouco unha relación de propietarios afectados. Con base nestas alegacións, solicita que se varíe o trazado da liña ao afectar ao espazo natural Fraga de Catasós, e, que non se consideren válidos nin o estudo ambiental nin o proxecto de execución, sen antes aprobar o plan sectorial, declarar a liña de interese público e xeral, nin rectificar as deficiencias sinaladas (cartografía actualizada, relación de propietarios afectados, e representación correcta da zona de servidume e da zona de afección).

3

María Ángeles Lorenzo Crespo, en nome propio e representación das súas irmáns María Luz, María José e María Rosario, presenta escrito de alegacións no que manifesta o seguinte: 1. Os predios nº 403, 407 e 410, que figuran na RBDA publicada a nome da alegante e das súas irmás e aparece como representante Rosario Crespo González, pertencen en pro indiviso a ela e ás súas irmáns e que ela é a representante para os efectos deste expediente, polo que solicita se corrixa este erro de representación e se entendan con ela as sucesivas actuacións; 2. O predio nº 509, que figura na RBDA publicada a nome dela e das súas irmáns, non é propiedade delas senón de Ángela Crespo González, para a que indica o seu enderezo e solicita que se corrixa este erro de titularidade; 3. A liña pasa pola metade do predio nº 403 deixándoo inservible, polo que solicita o seu desvío por un dos seus laterais para provocar o menor dano posible.

4

Manuel Dalama Novoa presenta escrito de alegacións con respecto ao predio nº 194-1, que figura na RBDA publicada a nome del e da súa irmá Áurea, no que indica que o nome da súa irmá é Aurora e solicita a corrección deste erro.

5 a 8

Antonio Rodríguez Rodríguez, en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) da Rúa-Loureiro, como titular dos predios nº 20-1, 22-1, 23-1, 23-2 e 90; Antonio Rodríguez Rodríguez, como titular do predio nº 17-1; Antonio González Bernárdez, como titular do predio nº 16-1; e Lourdes Martínez Martínez, en representación dos herdeiros de Alberto Lois Bernárdez, como titulares do predio nº 18-1; presentan escritos de alegacións por separado, pero con idéntico contido, nos que manifestan non ter coñecemento da urxente ocupación do paso da liña polos ditos predios, non tendo comunicado a empresa promotora a necesidade de paso, nin a afección, nin o prezo ofrecido, e non cumpríndose os requisitos legais para a urxente ocupación.

Antonio González Bernárdez presenta un novo escrito en relación ao predio nº 16-1, no que insiste en que a empresa promotora non lles comunicou por escrito a solicitude de paso, cos metros lineais e largo invadido, nin co prezo ofertado.

9

María Laura González Rey presenta escrito de alegacións con respecto ao predio nº 671, que figura na RBDA ao seu nome, no que fai constar o seguinte: 1. Solicita a rectificación do tipo de cultivo, porque non só está dedicada a monte como aparece na RBDA senón que existen árbores, principalmente piñeiros e carballos, susceptibles de aproveitamento; 2. Debe terse en conta o correspondente voo que se puidera transmitir ou reservar nun futuro, susceptible de valoración económica con especial relevancia á hora de fixar o correspondente prezo xusto.

10

Maximino Ferradás Gómez presenta escrito de alegacións con respecto ao predio nº 881-1, que figura na RBDA publicada con titular descoñecido, no que comunica que é da súa propiedade, para o que achega documentación xustificativa, e solicita a corrección deste erro e que se entendan con el os demais trámites do expediente.

11

Flora González Taboada presenta escrito de alegacións con respecto ao predio nº 883-1, que figura na RBDA publicada con titular descoñecido, no que comunica que é da súa propiedade, para o que achega documentación xustificativa, e solicita a corrección deste erro e que se entendan con ela os demais trámites do expediente.

12

Manuel Lalín Iglesias presenta escrito de alegacións con respecto ao predio nº 822, que figura na RBDA publicada ao seu nome, no que solicita a expropiación total deste predio, xa que a superficie non afectada resultará inservible para calquera labor agrícola.

13 a 19

Modesto Fernández Pérez, como titular dos predios nº 489, 503 e 517; Maximino Ferradás Gómez, como titular dos predios nº 867, 873, 875, 880, 882 e 897; Daniel Reboredo Ferreiro, como titular dos predios nº 912, 913 e 915; Manuel Couto Valle, como titular do predio nº 754; Flora González Taboada, como titular do predio nº 879; José Janeiro Cibeira, como titular do predio nº 589; e Elisa González Ojea, como titular dos predios nº 721, 724, 725, 726, 728, 729 e 817; presentan escritos de alegacións por separado pero con similar contido, nos que manifestan o seguinte con respecto aos predios indicados: 1. Que cantas notificacións se realicen na tramitación do expediente e que afecten os seus predios se fagan aos enderezos que indican no encabezamento dos escritos presentados; 2. Entenden que sobre os predios, coa excepción dos predios nº 880 e 882 de Maximino Ferradás Gómez e nº 879 de Flora González Taboada, non cabe a imposición de servidume de paso da liña eléctrica, de conformidade co disposto no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, por canto os devanditos predios limitan con camiños públicos, preferentes para a instalación da liña, sendo mínima a variación aue se vai realizar; 3. Que segundo a RBDA publicada, non aparece reflectida ningunha ocupación temporal fóra da zona correspondente á servidume de paso de enerxía eléctrica, polo que a execución das obras para a instalación da liña se deberá realizar única e exclusivamente pola dita servidume de paso; 4. Que a partir da servidume de voo imposta a cada lado da liña deberá contarse unha zona de afección de polo menos 50 m a cada lado, na que o solo queda afectado, pasando en principio a cualificarse como solo rústico de especial protección de infraestruturas, de conformidade co artigo 32 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, coas limitacións derivadas de tal cualificación, debendo tamén ser recollidas estas afeccións; 5. Que se leve a cabo unha colocación de estacas sobre o terreo dos límites da servidume, en todo caso, antes da convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación; 6. Que a empresa promotora lles remita plano catastral ou do SigPac, onde se concrete todo o expropiado e a relación individualizada de todo o afectado; 7. Que a afección notificada non é completa senón xenérica, polo que instan a súa concreción e individualización (cerramentos, plantas, etc); 8. Que en canto á cualificación do cultivo, remítense á realidade dos terreos no momento do levantamento de actas previas, non afectando a indicación que sobre o devandito tipo de cultivo se realiza nas notificacións recibidas en tanto non coincida coa realidade.

20

Manuel Surribas Reboredo, como titular do predio nº 720, presenta escrito de alegacións no que fai constar a existencia dun erro na RBDA publicada en canto ao tipo de cultivo, xa que este é prado con árbores e monte con árbores, solicitando que se valore o arboredo da parte do terreo ocupado, tanto do monte como do prado.

21

María Iglesias Dobarro presenta escrito de alegacións con respecto dos predios nº 801, 806, 824, 834 e 855, que figuran na RBDA publicada a nome dos herdeiros de Esther Dobarro Gómez e de Inés Iglesias Dobarro (os tres primeiros) e a nome dos ditos herdeiros e da alegante (os dous últimos), no que manifesta que xa se realizou a súa partición, correspondéndolle á alegante a titularidade do predio nº 834 e á súa irmá Inés a titularidade dos outros catro predios nº 801, 806, 824 e 855.

22

Rosa Fernández López presenta escrito de alegacións con respecto ao predio nº 658, para o que figura a alegante como representante na RBDA publicada, no que expón o seguinte: 1. Á vista do plano achegado, non se ten en conta a totalidade da superficie realmente afectada, solicitando a súa revisión para facer unha xusta valoración; 2. Non se ten en conta que o dito predio se atopa parcialmente pechado, o que deberá considerarse á hora de valorar a afección; 3. A denominación do pequeno río que aparece no plano é Rego do Muíño Vello e non Rego de Sante; 4. Solicita un plano a escala con todas as acotacións para poder facer unha xusta comprobación do cálculo da afección.

23

María Reboredo Iglesias presenta escrito de alegacións con respecto aos predios nº 835 e 839, para os que figura a alegante como representante na RBDA publicada, no que manifesta que os ditos predios están destinados ao cultivo de castiñeiros en lugar de monte alto.

24

María Nelida Iglesias López presenta escrito de alegacións con respecto ao predio nº 785, que figura na RBDA publicada a nome de María Nelida Albarellos Ramos, no que comunica que este predio é da súa propiedade e indica o seu enderezo, e solicita a rectificación deste erro.

25

José Plácido Taboada Rodríguez, como titular do predio nº 916, presenta escrito de alegacións no que manifesta o seguinte: 1. Oponse ao proxecto da liña eléctrica, debido ás afeccións físicas e ás relativas aos efectos derivados dela, ademais de resultar un grave risco para a saúde, facendo que os terreos que non están directamente afectados e por tanto, que non son expropiados, perdan totalmente o seu valor; 2. En consecuencia, solicita a variación do trazado da liña para que a súa propiedade non se vexa nin directa nin indirectamente afectada.

26

Manuel Reboredo González, en representación da súa esposa Dosinda Reboredo Varela, presenta escrito de alegacións con respecto aos predios nº 652, 659 e 661, que figuran na RBDA publicada a nome da súa esposa, no que fai constar os seguintes erros e solicita a súa corrección: 1. O tipo de cultivo do predio nº 652 non é monte senón prado; 2. O tipo de cultivo do predio nº 661 non é monte senón prado e carballeira; 3. O predio nº 659 non é propiedade da súa esposa.

27 a 29

José García Calvo, como titular dos predios nº 759 e 787; Nonito Fernández Fernández, como titular dos predios nº 657, 668 e 670; e José Fernández Carral, en representación del e da súa irmá Erundina, como titulares do predio nº 719; presentan escritos de alegacións por separado, pero con similar contido, nos que manifestan o seguinte con respecto aos predios indicados: 1. Solicitan a corrección do tipo de cultivo reflectido para o predio nº 759, que non é monte alto senón monte alto repoboado de pinus pinaster, para o predio nº 668, que non é monte alto senón prado, e para o predio nº 719, que non é monte senón monte alto; 2. Solicitan a implantación in situ do trazado da liña sobre os predios con colocación de estacas no eixo e nos límites da servidumes, notificándolles a data e hora na que se vai realizar, para poder cuantificar o prezo xusto e recoller axeitadamente no levantamento de actas previas os bens e dereitos afectados.

30 a 38

Elina Touceiro Carreira e Elías Touceiro Carreira, en representación dos herdeiros de Dolores Carrera Silva, como cotitulares dos predios nº 750, 766 e 788; Manuel Fernández Carral, como titular dos predios nº 890, 891 e 910; José Francisco Ramón Iglesias Ferreiro, como titular dos predios nº 807, 808, 809 e 812; Dorinda Reboredo Pérez, en representación dela e dos seus irmáns, como cotitulares dos predios nº 651, 656 e 662; Avelina Jar Novoa, como titular dos predios nº 902 e 904; José Janeiro Cibeira, como titular do predio nº 589; Aurora Dobarro Gómez, en representación dos herdeiros de María Gómez Iglesias, como titulares dos predios nº 792, 793 e 811; e Mario González Carrón, como titular do predio nº 700; presentan escritos de alegacións por separado, pero con similar contido, nos que manifestan o seguinte con respecto aos predios indicados: 1. Recollen o tipo de cultivo real, que non coincide co reflectido na RBDA publicada; 2. Piden que se considere o grave prexuízo ambiental que causa a liña no contorno (elementos arbóreos, especies animais e alimentos que se cultiven baixo a radiación da liña eléctrica); 3. Piden que se modifique o trazado da liña e que se leve soterrada pola beira da estrada N-525 sen molestar a núcleos de poboación e sen talar unha gran masa arbórea; 4. No caso de non variar o trazado, solicitan que se delimite a zona afectada mediante a súa colocación de estacas.

39

Carmen Fraga Pérez, como titular dos predios nº 479, 553, 554, 555 e 557, presenta escrito de alegacións no que fai constar o seguinte: 1. Sinala o seu enderezo correcto para substituílo polo que figura na RBDA publicada; 2. Considera que, ademais dos predios citados, é propietaria doutros seis que tamén resultan afectados (parcela a325, polígono 54; parcela b325, polígono 54; parcela 399, polígono 54; parcela 599, polígono 30; parcela 349, polígono 30; e parcela 1103, polígono 30).

40

Manuel Civeira Fraga presenta escrito de alegacións no que considera que varios predios da súa propiedade (parcelas 421, 408 e 344 do polígono 30) se atopan afectadas polo trazado da liña eléctrica, non tendo recibido notificación ningunha desa afección, o que pode ser debido a erros no enderezo, polo que solicita confirmación da afección dos devanditos predios.

41

Antonio Rodríguez Rodríguez, en relación cos predios nº 567 e 570 que figuran na RBDA publicada a nome do MVMC de Fontestrada e representado por Manuel Rodríguez Rodríguez, presenta escrito de alegacións para indicar que existe un erro no seu nome, que non é Manuel senón Antonio, e solicita a súa rectificación.

42

Julio López González, en relación co predio nº 405 que figura na RBDA publicada a nome dos herdeiros de Amador López Blanco e representados polo alegante e os seus irmáns, presenta escrito de alegacións no que manifesta que o dito predio ten arboredo e está totalmente pechado con muro de pedra, elementos que resultan afectados pola expropiación e que deben ser incluídos como afeccións no expediente.

43

María Carmen Abeledo López, como titular dos predios nº 680, 730, 736, 738, 798, 804 e 808-1, presenta escrito de alegacións no que fai constar o seguinte: 1. Os predios afectados da súa propiedade teñen todos arboredo, sendo afectados grandes cantidades de masa arborizada, ademais de muros de cerramento; 2. O predio nº 373, que figura na RBDA publicada a nome doutra persoa, é da súa propiedade; 3. Solicita a colocación de estacas da afección da liña sobre o terreo para poder establecer con exactitude todos os elementos afectados.

44

María Cruz Villamarín López, como titular do predio nº 823, presenta escritos de alegacións nos que manifesta o seguinte con respecto ao predio indicado: 1. Indica o tipo de cultivo real consistente en labradío e arboredo, que non coincide co reflectido na RBDA publicada; 2. Sinala que non puido acceder á consulta dos planos de expropiación definitiva que afecta o seu predio e solicita que se lle remitan; 3. Pide que se considere o grave prexuízo ambiental que causa a liña no contorno (elementos arbóreos, núcleos de poboación, cultivos e especies animais); 4. Pide que se modifique o trazado da liña desde o poste nº 49, tal e como reflicte o plano que xunta (desde este apoio a liña iría polo vial de acceso á autoestrada AP-53 ata o entroncamento coa N-525 e desde aquí iría soterrada a carón da estrada nacional), para evitar a eliminación de masas arbóreas e o paso da liña a carón de zonas poboadas; 5. No caso de non variar o trazado, solicita que se delimite a zona afectada mediante a colocación de estacas.

45

María Nélida Iglesias López, como titular do predio nº 746, presenta novo escrito de alegacións no que manifesta o seguinte: 1. O predio nº 785, que figura na RBDA publicada a nome de María Nelida Albarellos Ramos, é da súa propiedade e solicita a rectificación deste erro, como xa comunicou nun escrito de alegacións anterior; 2. Indica o tipo de cultivo real consistente en arboredo (piñeiros, castiñeiros e carballos), que non coincide co reflectido na RBDA publicada; 3. Pide a colocación de estacas da afección da liña sobre o terreo para poder establecer con exactitude todos aqueles elementos que resultarán afectados.

46 a 51

Manuel Taboada Estévez, en representación dos herdeiros de Manuel Taboada Otero como titulares dos predios nº 878, 881, 894 e 899; Manuel Taboada Estévez, en representación de Luis Taboada Estévez como titular do predio nº 888; Manuel Taboada Estévez, en representación de José e Balbanera Estévez Reboredo como titulares dos predios nº 841, 847-1, 853, 856, 866, 874 e 859; Antonio Cumplido Taboada, como titular do predio nº 918; Alberto Canda Fernández, en representación da comunidade hereditaria de María Mercedes Gómez Fernández como titular do predio nº 887; e María Teresa Rodríguez Taboada, como titular do predio nº 886; presentan escritos de alegacións por separado, pero de similar contido, nos que manifestan o seguinte: 1. Indican o tipo de cultivo real consistente en labradío ou arboredo (castiñeiros, carballos ou chopos), que non coincide co reflectido na RBDA publicada; 2. Din que se afecta o núcleo de Regoufe, así como a unha gran cantidade de masa arbórea que axuda a conformar masas arbóreas de maiores dimensións, semellante á Fraga de Catasós; 3. Piden que se considere o grave prexuízo medioambiental que causa a liña no contorno (elementos arbóreos, especies animais, cultivos, núcleos de poboación) e, en particular, a súa radiación e impacto visual; 4. Piden que se modifique o trazado da liña desde o poste nº 49, tal e como reflicte o plano que xuntan (desde este apoio a liña iría polo vial de acceso á autoestrada AP-53 ata o entroncamento coa N-525 e desde aquí iría soterrada a carón da estrada nacional), para evitar a eliminación de masas arbóreas e o paso da liña a carón de zonas poboadas; 5. No caso de non variar o trazado, solicitan que se delimite a zona afectada mediante a colocación de estacas; 6. Achegan informes periciais nos que se recolle unha descrición da afección, unha reportaxe fotográfica e planos cun trazado alternativo, así como unha serie de pretensións (variación do trazado, normalización do laro da afección posto que se observan diferentes largos ao longo do trazado, delimitación exacta da zona afectada mediante a colocación de estacas sobre o terreo, e a indemnización por cada un dos elementos afectados e pola totalidade dalgún predio). Así mesmo, con carácter particular, manifestan o seguinte: 1. Manuel Taboada Estévez, en representación dos herdeiros de Manuel Taboada Otero, reivindica a titularidade do predio nº 884-1, que figura na RBDA publicada con titular descoñecido; 2. Alberto Canda Fernández, en representación da comunidade hereditaria de María Mercedes Gómez Fernández, solicita que se lle indemnice o predio nº 887 na súa totalidade.

52

Manuel Taboada Estévez e 62 veciños e afectados máis presentan escrito de alegacións no que manifestan o seguinte: 1. Que o trazado proxectado afecta numerosos predios, núcleos de poboación e masas arbóreas de gran valor ambiental e ecolóxico, non formulándose no estudo ambiental alternativas viables tecnicamente ao trazado, non xustificándose que a solución proxectada sexa a máis correcta; 2. Solicitan que se considere o grave prexuízo social e ambiental ocasionado pola liña, e que se modifique o seu trazado, propoñendo un trazado alternativo desde o apoio nº 49, tal e como reflicte o plano que xuntan (desde este poste a liña iría soterrada a carón da saída da autoestrada AP-53, en dirección ao núcleo da Cabreira, entroncando coa estrada N-525, actualmente de titularidade municipal, e continuando soterrada por terreos de dominio público ao longo desta estrada ata a subestación de Lalín), para evitar as afeccións aos habitantes das inmediacións, masas arbóreas, cultivos, etc.

53 a 57

Antonio Higinio Natalio Vázquez Estévez, como titular dos predios nº 837, 840-1 e 843; Carmen Iglesias Reboredo, como titular dos predios nº 813 e 864; Manuel Amorín Bernárdez, como cotitular do predio nº 789; Luis Areán García, en representación de Julio Areán Rodríguez como titular dos predios nº 884, 885, 895 e 898; e Manuel Gómez Dobarro, como titular dos predios nº 846 e 868; presentan escritos de alegacións por separado pero de similar contido, nos que manifestan o seguinte: 1. Indican o tipo de cultivo real consistente en labradío ou arboredo (castiñeiros, carballos, piñeiros ou froiteiras), que non coincide co reflectido na RBDA publicada; 2. Din que se afecta unha gran cantidade de masa arbórea que axuda a conformar masas arbóreas de maiores dimensións, semellante á Fraga de Catasós; 3. Piden que se considere o grave prexuízo ambiental que causa a liña no contorno (elementos arbóreos e especies animais); 4. Piden que se modifique o trazado da liña desde o poste nº 49, tal e como reflicte o plano que xuntan (desde este apoio a liña iría polo vial de acceso á autoestrada AP-53 ata o entroncamento coa N-525 e desde aquí iría soterrada a carón da estrada nacional), de xeito que non atravese zonas arborizadas e de cultivo e que non pase tan próximo aos núcleos de poboación; 5. No caso de non variar o trazado, solicitan que se delimite a zona afectada mediante acolocación de estacas; 6. Achegan informes periciais nos que se recolle unha descrición da afección, unha reportaxe fotográfica e planos cun trazado alternativo, así como unha serie de pretensións (variación do trazado, normalización do largo da afección posto que se observan diferentes largos ao longo do trazado, delimitación exacta da zona afectada mediante a colocación de estacas sobre o terreo, e a indemnización para cada un dos elementos afectados e pola totalidade dalgún predio). Así mesmo, con carácter particular, manifestan o seguinte: 1. Manuel Amorín Bernárdez reivindica a titularidade en exclusiva do predio nº 789, que figura na RBDA publicada a nome de José Luis Amorín Bernárdez e irmáns; describe o tipo de cultivo do predio, especies arbóreas coas que conta e o seu cerramento perimetral, e solicita que se substitúa a cualificación de monte alto que figura na RBDA publicada por pasto arbustivo; ademais, di que non puido acceder á consulta dos planos de expropiación definitivos que afectan o seu predio e solicita que se lle remitan; 2. Luis Areán García, en representación de Julio Areán Rodríguez, reivindica a titularidade do predio nº 901 (parcela 187 do polígono 84 de Lalín) que non aparece na RBDA publicada, aínda que está afectada polo trazado da liña.

58

Luis González Blanco, en representación da CMVMC da Xesta como titular dos predios nº 664, 678 e 732, presenta escritos de alegacións nos que manifesta o seguinte: 1. En canto ao cultivo indican que os predios teñen arboredo (piñeiros, eucaliptos e outras especies de caducifolias); 2. Din que se afecta unha gran cantidade de masa arbórea e muros de cerramento; 3. Achega informe pericial no que se recolle unha descrición da afección, unha reportaxe fotográfica e planos cun trazado alternativo, así como unha serie de pretensións (normalización do largo da afección posto que se observan diferentes anchos ao longo do trazado, delimitación exacta da zona afectada mediante a colocación de estacas sobre o terreo, e a indemnización para cada un dos elementos afectados e pola totalidade dos predios); 4. Reivindica a titularidade das parcelas 269 e 313 do polígono 102 de Lalín e de parte da parcela 488 do polígono 353 de Dozón, que figuran na RBDA publicada a nome doutros titulares.

59

María Fe Novoa Cuñarro, como titular dos predios nº 701 e 707, presenta escrito de alegacións no que manifesta que o plano remitido non está suficientemente claro en canto ás dimensións da afección sobre estes predios e solicita que se lle informe graficamente da afección exacta sobre cada predio, determinando o tipo de afección e a superficie afectada.

60

Adolfo Gumersindo Nogueira Gómez, como titular do predio nº 818 e cotitular do nº 860, presenta escrito de alegacións no que fai constar os seguintes erros na RBDA publicada e solicita a súa corrección: 1. A orde dos seus apelidos non é Gómez Nogueira senón Nogueira Gómez; 2. O tipo de cultivo do predio nº 818 non é monte senón monte alto, atopándose plantado de arboredo; 3. O predio nº 876 non é da súa propiedade.

61

Fidel Taboada Portas, como titular do predio nº 911, presenta escrito de alegacións no que fai constar a existencia dun erro na RBDA publicada en canto ao tipo de cultivo, xa que este non é monte alto senón prado con presa de rega por un dos seus extremos.

Sexto. Simultaneamente ao trámite de información pública, trasladáronselle as separatas técnicas do novo proxecto de execución ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, con bens e dereitos ao seu cargo, afectadas pola mencionada instalación eléctrica, para os efectos de obter a súa conformidade, oposición ou condicionados ao respecto. Na seguinte táboa relaciónanse estas entidades e recóllese o resultado das súas respostas (das que se deu traslado á empresa promotora da liña eléctrica, quen presentou a súa conformidade):

Entidade

Resultado da resposta

1

Demarcación de Estradas do Estado en Galicia-Ministerio de Fomento

Escrito de contestación do 17.11.2011: autorizan as obras solicitadas coas mesmas condicións que as indicadas no expediente 204/2011.

2

Confederación Hidrográfica Miño-Sil-Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño

Informe do 7.9.2011: indican o condicionado a ter en conta.

3

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural -Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Non contestaron a petición de informe, nin á reiteración desta petición. Polo tanto, conforme o disposto nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, enténdese a súa conformidade coa autorización da instalación; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

4

Dirección Xeral de Infraestruturas-Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Informe do 15.9.2011: informan de xeito favorable a separata técnica.

5

Augas de Galicia-Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Informe do 30.8.2011: informan de xeito favorable a separata técnica.

6

Deputación Provincial de Ourense

Escrito de contestación do 792011: din que non existe impedimento para a realización da liña eléctrica, debendo axustarse as obras á norma e ordenanza provincial de estradas.

7

Deputación Provincial de Pontevedra

Informe do 4102011: informan que non existe inconveniente desde o punto de vista técnico para a aprobación do proxecto de referencia.

8

Concello do Irixo

Informe do 4.10.2011: informan de xeito favorable a separata técnica.

9

Concello de Dozón

Non contestaron á petición de informe, nin á reiteración desta petición. Polo tanto, conforme o disposto nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, enténdese a súa conformidade coa autorización da instalación; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

10

Concello de Lalín

Acordo da Xunta de Goberno Local do 29.9.2011: informan de xeito favorable o proxecto de referencia, tendo en conta o informe favorable emitido para o efecto polos servizos técnicos municipais o 23.9.2011 (no que se recolle o condicionado a ter en conta).

Sétimo. O 28.12.2011 a Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería emitiu certificación na que se fai constar que, na provincia de Pontevedra, non hai dereitos mineiros existentes (excluíndo os dereitos mineiros caducados) que poidan resultar afectados pola instalación eléctrica LAT 132 kV Irixo-Lalín.

Posteriormente, por requirimento da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, a Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería informou o 10.6.2013 que se mantén a situación reflectida no seu certificado de dereitos mineiros emitido o 28.12.2011 (o que se fai referencia no parágrafo anterior).

Oitavo. O 15.3.2012 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou escrito no que solicita que se incorpore á tramitación da liña eléctrica a súa afección a un dereito mineiro (permiso de investigación solicitado Rivas nº 5098, titularidade de Serafín Cibeira Ferreiro) e que se efectúen os trámites oportunos co obxecto de acadar, se procede, a compatibilidade da liña eléctrica co devandito dereito mineiro.

O 27.3.2012 a Xefatura Territorial de Ourense desta consellería deulle traslado a Serafín Cibeiro Feeriro, como solicitante do dito permiso de investigación que está en tramitación (Rivas nº 5098), da citada solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. dentro do trámite de compatibilidade de utilidades públicas, indicándolle a posibilidade de consultar o proxecto da liña eléctrica para os efectos de presentar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros, así como de formular as alegacións que estime oportunas.

O 25.4.2012 Serafín Cibeira Ferreiro, como solicitante do dito permiso de investigación, presentou escrito de alegacións no que se opón á declaración de compatibilidade no tramo da liña comprendido entre a subestación do Irixo e o apoio nº 10, por afectar a superficie demarcada no seu permiso de investigación, e solicita a declaración de prevalencia do dereito mineiro. En resposta a este escrito de alegacións, o 8.6. 2012 Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou un escrito no cal solicita a desestimación das alegacións presentadas polo solicitante do permiso de investigación e a continuación regulamentaria do expediente.

O 13.8.2012 a Xefatura Territorial de Ourense desta consellería emitiu certificación na que se fai constar que, na provincia de Ourense, a liña eléctrica LAT 132 kV Irixo-Lalín está afectada polo seguinte dereito mineiro previo: permiso de investigación nº 5.098 Rivas.

O 6.9.2012 a Xefatura Territorial de Ourense desta consellería emitiu informe no que se propón a declaración de compatibilidade da solicitude do permiso de investigación Rivas nº 5098 coa instalación eléctrica LAT 132 kV Irixo-Lalín.

Posteriormente, por requirimento da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, a Xefatura Territorial de Ourense desta consellería emitiu informe o 3.6.2013 que a situación actual dos trámites mineiros da devandita solicitude do permiso de investigación Rivas nº 5098 é esta que se daba en outubro de 2012, cando propuxeron a autorización da LAT 132 kV Irixo-Lalín.

Noveno. O 2.3.2012 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou escrito no que solicita a tramitación ante o órgano correspondente da declaración de compatibilidade da liña eléctrica cos aproveitamentos veciñais do Monte Veciñal da Rúa, Monte Veciñal de Alemparte e Monte Veciñal de Quinteiro e, subsidiariamente, a remisión ao órgano competente co fin de declarar a prevalencia da liña eléctrica.

O 8.3.2012 a Xefatura Territorial de Ourense desta consellería, en cumprimento do disposto nos artigos 5 e 6 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, deulle traslado á Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Rural e do Mar da citada solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A., para proceder ao trámite de compatibilidade e, subsidiariamente, de prevalencia da liña eléctrica sobre os montes veciñais en man común que figuran na mencionada solicitude.

Segundo informou o devandito departamento de montes comunais de Ourense, tal informe xa foi emitido e decántase pola incompatibilidade con prevalencia da utilidade pública da liña eléctrica coas dos propios montes veciñais. Polo tanto, unha vez declarada a utilidade pública da liña eléctrica procedería que a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. realizase a correspondente petición á Dirección Xeral de Montes para elevar ao Consello da Xunta de Galicia a declaración de tal prevalencia; e sería nese momento cando se incorporaría o citado informe do departamento de montes comunais de Ourense.

Décimo. As xefaturas territoriais de Pontevedra e Ourense desta consellería, na parte que afecta as súas provincias, emitiron, con datas do 12.4.2012 e 19.10.2012 respectivamente, senllos informes favorables sobre o proxecto de execución modificado LAT 132 kV Irixo-Lalín.

Ademais, o 23.10.2012 a Xefatura Territorial de Ourense desta consellería emitiu informe favorable sobre a petición formulada por Unión Fenosa Distribución, S.A. para a concesión da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública da devandita infraestrutura eléctrica.

Décimo primeiro. A respecto do estudo de impacto ambiental, correspondente ao proxecto de execución modificado da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Infraestruturas, Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Dirección Xeral de Saúde Pública, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Secretaría Xeral para o Turismo e Augas de Galicia.

Formalizada a tramitación ambiental, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou o 2.4.2013 a declaración de impacto ambiental correspondente ao proxecto modificado da LAT 132 kV Irixo-Lalín, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 27.5.2013, mediante Resolución do 29.4.2013 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

O punto 7.1 desta declaración de impacto ambiental recolle un condicionante imposto pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, no informe que emitiu durante a tramitación ambiental, no que se insta a modificación do proxecto para non afectar o xacemento arqueolóxico Castro de Catasós/a Aurela do Castro (GA36024036), desprazando o apoio nº 52 fóra da área de protección do xacemento (franxa cunha profundidade medida dende o elemento ou vestixio máis exterior de 200 m), polo que o trazado da liña eléctrica entre os apoios nº 51 e 53 deberá discorrer fóra desta área de protección.

Décimo segundo. A respecto do proxecto sectorial, correspondente ao proxecto de execución modificado da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, deuse audiencia aos tres concellos afectados (O Irixo, Dozón e Lalín) e solicitáronse informes aos seguintes organismos: Ministerio de Defensa, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Axencia Galega de Infraestruturas, Dirección Xeral de Aviación Civil (Ministerio de Fomento), Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información (Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo), Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, Dirección Xeral de Estradas (Ministerio de Fomento), Dirección Xeral de Ferrocarrís (Ministerio de Fomento) e Secretaría Xeral para o Turismo.

Formalizado a tramitación sectorial, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o 12.11.2013 o informe previo á aprobación definitiva polo Consello da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 13.3 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo. Neste informe conclúen que o seu informe favorable para a totalidade da traza queda a expensas da presentación polo promotor dunha alternativa entre os apoios nº 51 e 53 que satisfaga os requirimentos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural respecto da afección ao Castro de Catasós/a Aurela do Castro.

Décimo terceiro. O 20.6.2013 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou o informe xustificativo do tramo entre os apoios nº 51 e 53 da liña eléctrica LAT 132 kV Irixo-Lalín, para atender o disposto pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a respecto do xacemento arqueolóxico Castro de Catasós/a Aurela do Castro.

Deste informe xustificativo no que se presentan tres alternativas (A: manter o trazado e aplicar medidas correctoras; B: desprazar o apoio nº 52 o máximo posible fóra da zona de protección do castro; C: facer unha variante ao trazado entre os apoios nº 51 e 53, desprazando fóra da área de cautela o trazado e os apoios), deuse traslado á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, quen emitiu o 18.7.2013 informe favorable sobre o trazado proposto na alternativa C.

Décimo cuarto. O 4.12.2013 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto modificado por variante Castro Catasós da LAT 132 kV Irixo-Lalín, presentando a documentación establecida para o efecto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Esta variante ten por obxecto dar resposta ao exixido no punto 7.1 da declaración de impacto ambiental da liña eléctrica LAT 132 kV O Irixo-Lalín, que recolle un condicionante imposto pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a respecto do xacemento arqueolóxico Castro de Catasós/a Aurela do Castro.

Segundo consta neste proxecto modificado, a variante, que discorre na súa totalidade polo termo municipal de Lalín, comprende un novo tramo aéreo entre os apoios nº 51 e 53, de 799 m de lonxitude. Este novo trazado require a implantación de dous novos vértices, apoios nº 52 e 52 bis, e substitúe o anterior cantón de 750 m comprendido entre os mesmos apoios nº 51 e 53.

Décimo quinto. Por Resolución do 9.12.2013 da Xefatura Territorial de Ourense desta consellería, someteuse a información pública o devandito proxecto da variante, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 3.1.2014, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 17.1.2014, no xornal El Faro de Vigo do 1.2.2014, así como nos taboleiros de anuncios do Concello de Lalín (único afectado pola variante) e das xefaturas territoriais de Ourense e Pontevedra desta consellería.

Así mesmo, practicouselle notificación individual aos particulares afectados que permanecen no expediente expropiatorio, así como a aqueles propietarios que resultaron desafectados con relación á información pública e á RBDA inicial, aos cales se lles indicou tal circunstancia.

Décimo sexto. Durante o trámite de información pública do proxecto da citada variante, presentáronse as seguintes alegacións (das que se deu traslado á empresa promotora da liña eléctrica, quen presentou a súa contestación):

Alegacións

Resumo

62

Aurora Dobarro Gómez, como titular do predio nº 796-1, e en representación dos herdeiros de María Gómez Iglesias, como titulares do predio nº 794-1, presenta escritos de alegacións por separado, pero con similar contido, nos que manifesta o seguinte con respecto aos predios indicados: 1. Os predios teñen arboredo e un deles está pechado cun muro de pedra, elementos que resultan afectados pola expropiación e piden que se teñan en conta na indemnización; 2. Pide o estaquillado da afección da liña sobre o terreo para poder establecer con exactitude todos aqueles elementos que resultarán afectados; 3. Pide que se considere o grave prexuízo ambiental que causa a liña no contorno (elementos arbóreos, especies animais, cultivos e núcleos de poboación).

63

Luis González Blanco, en representación dos herdeiros de Delfín González López, como titulares do predio nº 793-1, presenta escrito de alegacións no cal manifesta o seguinte con respecto ao predio indicado: 1. Pide o colocación de estacas da afección da liña sobre o terreo para poder establecer con exactitude todos aqueles elementos que resultarán afectados; 2. Pide que se considere o grave prexuízo ambiental que causa a liña no contorno (elementos arbóreos, especies animais, cultivos e núcleos de poboación).

64

María Nélida Iglesias López, como titular do predio nº 785, presenta escrito de alegacións no que manifesta o seguinte con respecto ao predio indicado: 1. Na notificación recibida figura como 2º apelido seu Alvarellos, cando é López; 2. Coa variante Castro de Catasós queda afectado todo o predio, mentres que na notificación segue a figurar a superficie de afección inicial.

65

Maximino Ferradás Gómez presenta escrito de alegacións no que manifesta ser o titular dos predios nº 902, 903 e 904, o que xustifica mediante o achegamento dos correspondentes contratos de compra-venda.

66

Carmen González Estévez, como titular do predio nº 790-3, presenta escrito de alegacións no cal solicita a corrección do cultivo que figura como Monte Alto, cando é un souto con castiñeiros e carballos, e que se teñan en conta na indemnización os 10 castiñeiros afectados.

67

José Francisco Ramón Iglesias Ferreiro, como titular de varios predios, solicita explicación de como lle afecta a variación do trazado aos seus predios (con planos e colocación de estacas), a indemnización pola tala de árbores que fixo e a inclusión na relación de afectados.

68

Francisco Pérez Donsión, en representación da Asociación Socio-Cultural Manuel Ferreiro, presenta escrito de alegacións no que manifesta o seguinte: 1. Fai constar o grave prexuízo ambiental que causa a liña no contorno (masas arbóreas e núcleos de poboación) e a preocupación social que xera pola súa repercusión sobre a súade e o contorno, en particular, polos efectos dos campos electromagnéticos; 2. A liña prevista incumpre co previsto no PXOM de Lalín posto que non é compatible cos terreos afectados (clasificados como Solo Rústico de Especial Protección); 3. O trazado previsto segue a afectar a área de influencia do Castro de Catasós e, ademais, cruza os regatos de Quintela e Murazóns e non conta co preceptivo informe de Augas de Galicia; 4. No proxecto e no estudo de impacto ambiental non se formulan alternativas viables tecnicamente ao trazado, polo que non se xustifica que esta sexa a solución social e ambiental máis correcta; 5. Non foron contestadas as alegacións formuladas polos veciños; 6. Xunta plano cunha alternativa de trazado que minimizaría o prexuízo social e ambiental.

Décimo sétimo. Simultaneamente a este trámite de información pública, trasladáronselle as separatas técnicas da devandita variante ás distintas Administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, con bens e dereitos ao seu cargo, afectadas pola variante da liña eléctrica, para os efectos de obter a súa conformidade, oposición ou condicionados ao respecto. Na seguinte táboa relaciónanse estas entidades e recóllese o resultado das súas respostas (das que se deu traslado á empresa promotora da liña eléctrica, quen presentou a súa conformidade):

Entidade

Resultado da resposta

1

Demarcación de Estradas do Estado en Galicia-Ministerio de Fomento

Non contestaron á petición de informe, nin á reiteración desta petición. Polo tanto, conforme ao disposto nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, enténdese a súa conformidade coa autorización da instalación; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

2

Concello de Lalín

Acordo da Xunta de Goberno Local do 13/01/2014: aproban o informe favorable emitido ao respecto polos servizos técnicos municipais o 8.1.2014.

Décimo oitavo. As xefaturas territoriais de Pontevedra e Ourense desta consellería, na parte que afecta as súas provincias, emitiron, con datas do 12.3.2014 e 13.3.2014 respectivamente, senllos informes favorables sobre o proxecto modificado por variante Castro Catasós da LAT 132 kV O Irixo-Lalín.

Décimo noveno. O 20.3.2014 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou un novo proxecto sectorial da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, no que se inclúe a citada variante entre os apoios nº 51 e 53, que foi informado de xeito favorable pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o 25.4.2014.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 8.5.2014, aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da citada liña eléctrica.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria; no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; e na Orde da Consellería de Economía e Industria do 26.7.2013 sobre delegación de competencias en diversos órganos desta consellería; en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; coa Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia; coa Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas; e coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. Á vista das alegacións presentadas, da contestación a estas por parte da empresa promotora da liña eléctrica e ao resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto o seguinte:

• Con respecto ás alegacións relativas aos cambios de titularidade sobre os predios afectados que figuran na RBDA, indicar que a empresa beneficiaria tomou razón daqueles cambios de titularidade para os que se achegou a correspondente documentación acreditativa, mentres que nos demais casos será durante o levantamento de actas previas á ocupación, acto ao que serán oportunamente convocados os afectados, o momento no que se poderá demostrar a titularidade dos predios, achegando a documentación acreditativa precisa.

• Con respecto ás alegacións relativas aos erros existentes nos nomes dos propietarios dos predios afectados ou dos seus representantes, así como nos seus enderezos, indicar que a empresa beneficiaria tomou razón deles e procedeu á súa corrección.

• Con respecto ás alegacións relativas á identificación das afeccións (tipos de cultivo, elementos afectados, extensión de servidumes, xeito de ocupación, identificación sobre o terreo, colocación de estacas, etc.), indicar o seguinte: a empresa beneficiaria tomou razón delas, non obstante, se é o caso, serán apreciadas no momento procedimental oportuno, isto é, no acto de levantamento das actas previas á ocupación. Neste trámite, para o que serán previamente convocados os afectados, describiranse os bens e dereitos afectados e incorporaranse as súas manifestacións e datos útiles para a correcta determinación das afeccións.

• Con respecto ás alegacións relativas á valoración económica das afeccións, indicar o seguinte: non se toman en consideración por non ser obxecto deste procedemento, senón do expediente expropiatorio na súa fase de determinación do prezo xusto. A valoración económica das afeccións substanciarase nesta fase, para o que se tramitarán as correspondentes pezas separadas do prezo xusto, na que se determinará a indemnización que corresponda e na que o afectado poderá presentar a súa folla de aprezo na que concretará o valor que considera lle corresponden polos prexuízos que se lle ocasionen, co fin de que o Xurado de Expropiación de Galicia poida valorar o prezo xusto en cada caso.

• En canto ás pretensións formuladas sobre a posibilidade de expropiación total dalgún predio, non se consideran por entender que son demasiado xenéricas, ao non acreditarse que as servidumes impostas ao predio alteran as condicións fundamentais da súa explotación.

• Con respecto ás alegacións relativas á inexistencia dunha RBDA, indicar o seguinte: a empresa beneficiaria (Unión Fenosa Distribución, S.A.), conforme o disposto na Lei do sector eléctrico presentou as preceptivas solicitudes de declaración de utilidade pública, incluíndo as correspondentes RBDA. O proxecto modificado da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, que substituíu o inicial, someteuse a información pública, coa RBDA, mediante acordo da Xefatura Territorial de Ourense desta consellería do 30.8.2011 (tamén se practicaron as notificacións de xeito individual aos afectados incluídos nela); e o proxecto da variante Castro Catasós someteuse a información pública, coa RBDA dos novos afectados (e indicando os desafectados), mediante Resolución da dita xefatura territorial do 9.12.2013 (tamén se practicaron as notificacións de xeito individual aos novos afectados e aos desafectados).

• Con respecto ás alegacións relativas á non aparición na RBDA de ningunha ocupación temporal, indicar o seguinte: o artigo 158 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, establece que a servidume de paso aérea comprenderá o voo sobre o predio servinte; o establecemento de postes, torres ou apoios fixos para a sustentación dos cables condutores de enerxía eléctrica e instalación de puestas a terra dos devanditos postes, torres ou apoios fixos; o dereito de paso ou acceso para atender ao establecemento, vixilancia, conservación, reparación da liña eléctrica e corta de arboredo, se for necesario, e a ocupación temporal de terreos ou outros bens, se é o caso, necesarios aos fins indicados anteriormente, polo que, en todo caso, a ocupación se limitará á franxa de terreo establecida pola servidume de paso reflectida na RBDA.

• Con respecto ás alegacións nas que se fai referencia a unha deficiente información do proxecto ou nas que se solicita información complementaria, indicar o seguinte: a empresa beneficiaria púxose en contacto con todos os afectados, cos que lle foi posible contactar, para informarlles do proxecto, das afeccións que produce nas súas propiedades e das indemnizacións ofrecidas, co obxecto de acadar un mutuo acordo en calquera momento da tramitación do expediente. Durante os trámites de información pública, os correspondentes planos parcelarios puideron ser consultados nas xefaturas territoriais de Ourense e Pontevedra desta consellería, tal e como se indicaba nos correspondentes anuncios de información pública; ademais, estas xefaturas remitiron, xunto coas notificacións individuais practicadas aos afectados, un plano coa súa parcela afectada.

• Con respecto ás alegacións relativas á falta de declaración de interese público e xeral do proxecto e á falta de necesidade de urxente ocupación, indicar o seguinte: a declaración de utilidade pública, en concreto, faise en virtude do disposto na Lei do sector eléctrico, que declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso. A declaración de utilidade pública levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Así mesmo, conforme o disposto na Lei do sector eléctrico, a empresa beneficiaria fixo a preceptiva solicitude de declaración de utilidade pública, incluíndo a correspondente RBDA.

• En canto ás alegacións nas que se propoñen cambios de trazado da liña eléctrica, indicar o seguinte:

– Non sempre é posible que a traza da liña eléctrica poida seguir por terreos de dominio público debido á configuración dos predios e ao deseño técnico da liña.

– Non se acredita a concorrencia conxunta dos requisitos establecidos no artigo 161.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, necesarios para que resulte posible unha modificación do trazado proxectado (que a liña poida instalarse sobre terreos de dominio, uso ou servizo público ou patrimoniais do Estado, das comunidades autónomas, das provincias ou dos municipios, ou seguindo lindeiros de predios de propiedade privada; que a variación do trazado non sexa superior en lonxitude ou en altura ao 10 % da parte da liña afectada pola variación que segundo o proxecto transcorra sobre a propiedade do solicitante dela; e que sexa tecnicamente posible).

– O tramo desde o apoio nº 49 ata o 58 N discorre ao oeste da N-525 co obxecto de non afectar ao monumento natural de Fragas de Catasós, situado ao outro lado da estrada que coincide co hábitat 9230, formado por un bosque frondoso que se distribúe máis aló da mancha deste hábitat, estando a zona noroeste salpicada de manchas deste hábitat e, ademais, nesta zona tamén se afectaría pequenos núcleos urbanos (Clementín, Quintela e Agro de Covás) e complicaríase a chegada á subestación de Lalín.

• En canto ás alegacións relativas ás posibles afeccións sobre a saúde das persoas, indicar o seguinte:

– As instalacións recollidas neste proxecto cumpren toda a normativa en materia ambiental e de seguridade, e, neste sentido, non se pode asegurar que ocasione un prexuízo para a saúde das persoas ou animais, nin unha grave deterioración do medio natural.

– O trazado da liña eléctrica garda unhas distancias aos núcleos de poboación superiores ás exixidas pola actual normativa, garantindo a non repercusión sobre a seguridade e saúde pública.

– En canto aos estudos realizados sobre os campos electromagnéticos, indicar que o 11.5.2001 o Ministerio de Sanidade e Consumo editou o resumo informativo, elaborado por este ministerio, a partir do informe técnico realizado polo Comité de Expertos Independentes co título campos electromagnéticos e saúde pública, e no que se recollen as seguintes conclusións: a exposición a campos electromagnéticos non ocasiona efectos adversos para a saúde, dentro dos límites establecidos na Recomendación do Consello de Ministros de Sanidade da Unión Europea (1999/519/CEE), relativa á exposición do público a campos electromagnéticos de 0 a 300 GHz; o cumprimento desta recomendación é suficiente para garantir a protección sanitaria dos cidadáns; en experimentos de laboratorio, detectáronse respostas biolóxicas que, no entanto, non son indicativas de efectos nocivos para a saúde; non se identificou, ata o momento, ningún mecanismo biolóxico que mostre unha posible relación causal entre a exposición a campos electromagnéticos e o risco de padecer algunha enfermidade. Ademais, o 1.12.2003 o dito ministerio editou un novo informe técnico elaborado polo comité de expertos, baixo o título avaliación actualizada dos campos electromagnéticos en relación coa saúde pública (debido a diversos pronunciamentos de institucións de recoñecido prestixio sobre os campos electromagnéticos), no que ratifica o informe de maio de 2001, indicando que as súas conclusións teñen plena vixencia á luz dos novos datos aparecidos desde a súa publicación.

• En canto ás alegacións de carácter ambiental, indicar o seguinte:

– En canto á falta de alternativas sobre o trazado definitivo, indicar que no estudo de impacto ambiental recolléronse varias alternativas de trazado, a maiores, sobre a alternativa que finalmente se proxectou para a liña eléctrica. Posteriormente, este trazado modificouse para adaptalo aos requirimentos do Concello de Lalín, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, e, finalmente, foi preciso introducir unha variante para desafectar o Castro de Catasós, por requirimento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

– En canto á afección ao medio natural, o proxecto foi sometido ao correspondente procedemento de avaliación de impacto ambiental, sendo formulada o 2.4.2013 a declaración de impacto ambiental (DIA) pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na propia DIA, ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental e restante documentación avaliada.

• En canto ás alegacións relativas a cuestións de carácter urbanístico ou de ordenación territorial, indicar o seguinte: o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da liña de referencia foi informado de xeito favorable pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o 25.4.2014, de acordo co disposto no Decreto 80/2000, do 23 de marzo. O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 8.5.2014, aprobar definitivamente este proxecto sectorial; deste xeito, os planeamentos dos concellos afectados quedan vinculados ás determinacións contidas nese proxecto sectorial.

• Dentro da alegación nº 2, en relación coa pretensión formulada sobre a titularidade de parcelas, indicar que todas as parcelas sinaladas polo alegante, agás a 249 do polígono 84 que non resulta afectada, figuran na RBDA (nº 841; 847-1, 856, 853, 866; 874, 878, 881, 888 y 899) a nome dos herdeiros de Manuel Taboada Estévez, e como representante o alegante.

• En canto á alegación nº 12, na que se solicita a expropiación total do predio nº 822, indicar que este predio resultou desafectado polo proxecto modificado por variante Castro Catasós da LAT 132 kV O Irixo-Lalín; circunstancia que lle notificou de xeito individual a Xefatura Territorial de Ourense desta consellería.

• Dentro das alegacións comprendidas entre as nº 13 e 19, en relación coa pretensión formulada sobre a servidume de voo e a nova cualificación da zona de afección, indicar que a modificación que se propón a solo rústico de protección de infraestruturas se limita á zona de servidume de paso de enerxía eléctrica.

• Dentro da alegación nº 25, en relación coa pretensión formulada sobre a perda de valor da parte dos terreos non expropiados, indicar o seguinte: a servidume supón unha limitación de uso, sendo posible continuar coa explotación dos seus recursos, agás o arboredo; e, en canto a esta limitación, poderá achegar no seu momento a estimación dos danos que serán finalmente valorados polo Xurado de Expropiación de Galicia.

• Dentro da alegación nº 39, en relación coa pretensión formulada sobre a titularidade de parcelas, indicar o seguinte: as parcelas a325 e b325 do polígono 54 correspóndense co predio nº 557; a parcela 599 do polígono 30 correspóndese co predio nº 479; a parcela 399 do polígono 54 non está afectada; e as parcelas 349 e 1103 do polígono 30 correspóndense cos predios nº 461 e 428, respectivamente (que figuran a nome doutros propietarios; se é o caso, a alegante deberá acreditar a súa titularidade documentalmente no momento do levantamento de actas previas á ocupación).

• Dentro da alegación nº 40, en relación coa pretensión formulada sobre a titularidade de parcelas, indicar o seguinte: a parcela 344 do polígono 30 non está afectada; as parcelas 421 e 408 do polígono 30 correspóndense cos predios nº 537 e 530, respectivamente (que figuran a nome doutros propietarios; se é caso, o alegante deberá acreditar a súa titularidade documentalmente no momento do levantamento de actas previas á ocupación).

• Dentro das alegacións comprendidas entre as nº 46 e 51, as comprendidas entre as nº 53 e 57, e a alegación nº 58, en relación coa pretensión sobre a normalización do largo da afección, indicar o seguinte: a diferenza de largo da afección ao longo do trazado radica no cumprimento do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e, en concreto, no punto 5 da ITC-LAT-07 sobre distancias mínimas de seguridade, cruzamentos e paralelismos.

• Dentro das alegacións comprendidas entre as nº 53 e 57, en relación coas pretensións formuladas sobre a titularidade dos predios nº 789 e 901, indicar o seguinte:

– Con respecto ao predio nº 789, a empresa promotora e o propietario acadaron un acordo mutuo.

– Con respecto ao predio nº 901, foi recoñecida e cobrada a expropiación por outro propietario, polo tanto, se é o caso, o alegante deberá acreditar a súa titularidade documentalmente no momento do levantamento de actas previas á ocupación.

• Dentro da alegación nº 58, en relación coa pretensión formulada sobre a titularidade de parcelas, indicar o seguinte: as parcelas 269 e 313 do polígono 102 correspóndense cos predios nº 663 e 653, respectivamente, que son de titularidade da CMVMC da Xesta, representada polo alegante, e do cal se toma razón, xa que na RBDA figuran por erro a nome da CMVMC de Puxallos; en canto á parte da parcela 488 do polígono 353 que reclama, pertence a outro termo municipal e figura a nome doutros propietarios, polo tanto, se é caso, o alegante deberá acreditar a súa titularidade documentalmente no momento do levantamento de actas previas á ocupación.

• En canto á alegación nº 59, na que se solicita información gráfica sobre a afección exacta, indicar que esta información lle foi facilitada á alegante pola Xefatura Territorial de Ourense desta consellería, a través de dous oficios remitidos con rexistro de saída do 6.11.2012 e 27.11.2012.

• En canto á alegación nº 67, en relación coas pretensións formuladas a respecto da afección ás súas parcelas da variación do trazado derivado do proxecto modificado por variante Castro Catasós da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, indicar o seguinte: os predios nº 807 (parcela 525 do polígono 97), 808 (parcela 537 do polígono 97), 809 (parcela 538 do polígono 97) e 812 (parcela 569 do polígono 85) quedaron desafectadas coa variante Castro de Catasós, tal e como se lle notificou no seu momento; A tala de árbores do predio 807-1 (parcela 531 do polígono 97) foille pagada o 11.9.2013; o predio nº 806 (parcela 499 do polígono 97) quedou desafectado coa variante Castro de Catasós; a parcela 589 do polígono 97 non se atopa afectada pola liña. Así mesmo, indicar que o alegante non aparece na lista de afectados da variante Castro de Catasós, e non figura na RBDA da liña que vai a expropiación ao ter cobrado xa polo paso desta liña polas súas propiedades.

• Dentro da alegación nº 68, en relación coa afección ao Castro de Catasós e ao cruzamento de varios regatos, indicar o seguinte: a variante Castro de Catasós dá resposta aos requirimentos feitos pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural en canto á protección do xacemento de Castro de Catasós; ademais, en relación coa afección a determinados regatos, no expediente constan os informes favorables emitidos por Augas de Galicia (30.8.2011) e pola confederación Hidrográfica do Miño-Sil (7.9.2011).

• Dentro da alegación nº 68, en relación coa queixa de que non foron contestadas as alegacións formuladas polos veciños, indicar o seguinte: nesta resolución dáse resposta ás distintas pretensións recollidas no conxunto de escritos de alegacións, formuladas polos interesados contra a presente liña eléctrica, e para as que se incorporou ao expediente a correspondente contestación a elas da empresa promotora.

Terceiro. O informe de compatibilidade entre a instalación eléctrica e a solicitude de permiso de investigación, emitido o 6.9.2012 pola Xefatura Territorial de Ourense desta consellería, ao que se fai referencia no antecedente de feito oitavo desta resolución, di literalmente o seguinte:

Informe sobre a compatibilidade do P.I. Rivas nº 5098 e a liña de alta tensión 132 kV O Irixo-Lalín. Concello do Irixo (Ourense).

Este informe emítese con base no artigo 45 da Lei 8/2009, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, que establece que, no caso de concorrencia de utilidades públicas, o organismo tramitador iniciará o trámite de compatibilidade, e emitirá o informe correspondente acerca da compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos.

O permiso de investigación Rivas nº 5098 foi solicitado, con data do 11 de maio de 2005, por Serafín Ferreira Pereiro para rochas ornamentais. Publicada a devandita solicitude, presentáronse dentro do período de información pública alegacións por parte da empresa Irixo Eólico, S.A. e polo concello do Irixo, opoñéndose a este dado que limitaba a facultade de desenvolvemento do parque eólico O Irixo-fase I e do parque eólico singular do Irixo, respectivamente. Como consecuencia destas alegacións o titular da solicitude do P.I. renuncia a 13 cuadrículas mineiras para evitar o solapamento co P.E. O Irixo-fase I, por outra banda, a tramitación do parque eólico singular do Irixo encóntrase paralizada. Debido á presentación destas alegacións prodúcese un retraso no expediente, de xeito que o permiso de investigación Rivas nº 5098 non está outorgado, aínda que conta con informe favorable desta xefatura territorial con data do 1 de marzo de 2007.

Con posterioridade, iníciase o trámite de compatibilidade do permiso de investigación coa liña de alta tensión 132 kV de evacuación do parque eólico O Irixo, autorizándose a esta, mediante Resolución do 8 de agosto de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, e declarando a súa compatibilidade co permiso de investigación Rivas nº 5098.

Con data do 9 de agosto de 2011, a sociedade Unión Fenosa Distribución, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da liña de alta tensión 132 kV O Irixo-Lalín. Unha vez comprobado que a traza da liña afecta o dereito mineiro previo Rivas nº 5098, debe procederse a determinar a compatibilidade ou incompatibilidade da liña eléctrica co devandito dereito. Notificado o titular do permiso de investigación, con data do 25 de abril de 2012, presenta alegacións que estima oportunas en defensa dos seus dereitos.

Analizado o proxecto de labores do permiso de investigación Rivas nº 5098, establécense como traballos que se van desenvolver a compilación de datos xeolóxicos, realización de calicatas e sondaxes, co obxecto último de poñer de manifesto a existencia do recurso en cantidade e calidade suficientes para a súa futura explotabilidade.

Por outra banda, no citado proxecto de investigación non se definen áreas específicas de interese e dado que o obxectivo da investigación é localizar recursos da sección C), e que estes se localizan de forma masiva en toda a área do permiso, isto vén indicar que a solución máis razonable é determinar a compatibilidade dos dous aproveitamentos.

Por todo o exposto, o técnico que subscribe propón que se declare a compatibilidade da solicitude do permiso de investigación Rivas nº 5098 coa liña de alta tensión de 132 kV O Irixo-Lalín.

Cuarto. No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites establecidos no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que resulta de aplicación conforme o disposto nas disposicións transitorias primeira e segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

A Dirección Xeral de Enerxía e Minas, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

Propón:

1. Autorizar administrativamente a instalación eléctrica denominada LAT 132 kV O Irixo-Lalín, que afecta os termos municipais do Irixo (Ourense) e Dozón e Lalín (Pontevedra) e promove Unión Fenosa Distribución, S.A.

2. Aprobar os dous proxectos de execución da instalación eléctrica citada, titulados modificado de la LAT 132 kV O Irixo-Lalín e modificado por Variante Castro Catasós LAT 132 kV O Irixo-Lalín.

3. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica citada, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Declarar a compatibilidade da citada instalación eléctrica co dereito mineiro correspondente á solicitude de permiso de investigación Rivas nº 5098.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. De conformidade co disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, fíxase en 66.359,22 €, por proposta do órgano ambiental, a contía do aval que deberá constituír a empresa promotora, Unión Fenosa Distribución, S.A., para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración.

A empresa promotora deberá depositar este aval, con carácter previo ao inicio das obras, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e devolverase cando desaparezan as causas que motivaron a súa constitución, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro.

Segunda. A instalación eléctrica que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran nos seguintes proxectos de execución presentados pola empresa promotora:

– Modificado da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, asinado polo enxeñeiro do ICAI, Alfonso González Álvaro, e visado polo Colexio Nacional de Enxeñeiros de ICAI, Delegación de Galicia, con nº 0678/11 e con data do 8.7.2011, e no que figura un orzamento de 3.069.936,65 euros.

– Modificado por variante Castro Catasós LAT 132 kV O Irixo-Lalín, asinado polo enxeñeiro do ICAI, Alfonso González Álvaro, e visado polo Colexio Nacional de Enxeñeiros de ICAI, Delegación de Galicia, con nº 0356/13 e data do 14.11.2013, e no que figura un orzamento total para a totalidade da liña eléctrica de 3.188.142,77 euros.

Terceira. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que, en todo momento, se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación.

Así mesmo, deberase cumprir co disposto na declaración de impacto ambiental formulada o 2.4.2013 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que se fai referencia no antecedente de feito décimo primeiro desta resolución.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, as xefaturas territoriais de Ourense e Pontevedra desta consellería poderán autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, cada unha no seu ámbito territorial, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que diten en aplicación da citada facultade.

Quinta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante as xefaturas territoriais de Ourense e Pontevedra desta consellería, a respecto da parte da instalación que cae dentro dos seus ámbitos territoriais, quen deberán estendelas tras as comprobacións técnicas que consideren oportunas.

Sexta. En canto aos bens e dereitos afectados por esta instalación eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral (relacionadas nos antecedentes de feito sexto e décimo sétimo desta resolución), a empresa promotora procederá a realizar os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

Sétima. A empresa promotora, unha vez iniciado o expediente expropiatorio e en relación co recollido no antecedente de feito noveno desta resolución, deberá presentar ante a Consellería do Medio Rural e do Mar solicitude de prevalencia da utilidade pública da instalación eléctrica sobre a dos montes veciñais en man común afectados, de acordo co disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e no Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución desta lei.

Oitava. A administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Novena. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas.

Vista a proposta de resolución que antecede, veño darlle a miña conformidade nos termos expostos, elevándoa a resolución.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, caberá interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación (artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común); ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-adminitrativa), sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2014

P.D. Orde (26.7.2013; DOG nº 154, do 13 de agosto)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria