Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Sarreaus (expediente IN407A 2013/67-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: General de Hormigones, S.A.

Domicilio social: Argüelles, 25, 33003 Oviedo.

Denominación: LMT e CT para subministración temporal á planta de fabricación de formigón.

Situación: Sarreaus.

Características técnicas: LMT aerosubterránea de 60 m en aéreo, con condutor RHZ1 de 1×50 AL e 3 m en subterráneo, con condutor RHZ1 de 1×95 mm2 con orixe na LMT VER 811 Laza, no apoio HV630/15 nº 187 e remate no CT proxectado en caseta de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 27.680,99 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 6 de maio de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense