Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2014/052-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número expediente: IN407A 2014/052-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA)

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17-baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CT e RBT As Teixoeiras.

Situación: concello de Mesía.

Características técnicas:

Demontaxe do transformador aéreo existente de tipo intemperie sobre pórtico chamado Teixoeira (expediente 50.399). No seu lugar proxéctase un centro de transformación tipo interior en edificio prefabricado de formigón 2L+1P, con tranformador de 100 kVA, que irá situado nun predio particular con acceso desde vía pública.

Dous tramos de liña de media tensión soterrados con condutor tipo RHZ1-2-OL-12/20kV 3×(1×240 Al) que terá a súa orixe no dobre paso aéreo a soterrado que se vai realizar no novo apoio nº 30-N tipo HVH-15/2500 que se vai intercalar na liña aérea, en substitución do apoio nº 39 tipo HV-15/1000 (expediente 2.005/367) que se vai retirar, e final no CT proxectado, sendo a lonxitude total de cada un dos tramos de liña proxectada de 24 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 22 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG núm. 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial