Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación de volumes nas parcelas 11 e 12 da área de repartición AR-S2 O Cancelo do Medio.

1. O pleno do Concello da Laracha, en sesión extraordinaria do 11 de marzo de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes nas parcelas 11 e 12 da área de repartición AR-S2 Cancelo do Medio, redactado polo arquitecto Alfonso Suárez Alvite por instancia de Francisco Javier Losada López e Maira Suárez Cotelo, unha vez cumprida a condición imposta na aprobación inicial de xustificación do cumprimento da normativa de accesibilidade antes da aprobación definitiva (rexistro de entrada nº 755, do 21 de febreiro de 2014).

Segundo. Publicar o acordo no Diario Oficial de Galicia e o articulado das normas do estudo de detalle, así como o acordo correspondente, no Boletín Oficial da provincia; non entrando en vigor ata que se publique completamente o seu texto e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 abril, reguladora das bases do réxime local.

Terceiro. Ordenar ao secretario da Corporación que dilixencie os planos e documentos aprobados definitivamente.

Cuarto. Comunicar a aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o estudo de detalle.

2. De acordo co sinalado no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicouse no BOP número 71, do día 14 de abril de 2014, o texto dos documentos que o integran e os planos de ordenación.

3. En cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 19 de maio de 2014.

A Laracha, 19 de maio de 2014

José Manuel López Varela
Alcalde