Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27501

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de adxudicación do contrato de prestación do servizo de axuda no fogar.

Por Acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, en sesión do 29.5.2014, adxudicouse o contrato de servizos de prestación do servizo de axuda no fogar, cuxa formalización se publicou para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xunta de Goberno Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 9/2014.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sancibrao.sedelectronica.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: aberto.

b) Descrición: servizo de axuda no fogar.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79611000-0.

e) Acordo marco (se procede): non procede.

f) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non procede.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOP e perfil do contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 76, do 22.4.2014, BOP número 88, do 16.4.2014 e perfil do contratante.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: contrato de servizos por procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación e tramitación urxente.

4. Valor estimado do contrato: 204.069,93 €.

5. Orzamento base de licitación.

Prezo ordinario (días laborais): 12,35 €/h, IVE excluído.

Prezo extraordinario (sábados, domingos e festivos): 13,00 €/h, IVE excluído.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29.5.2014.

b) Fecha de formalización do contrato: 9.6.2014.

c) Contratista: Sociser Galicia, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación.

Servizo de libre concorrencia.

Prezo ordinario sen IVE: doce euros (12,00 €)/hora

IVE aplicado: 10 %. Importe IVE: un euro con vinte céntimos (1,20 €)/hora.

Prezo ordinario, IVE incluído: trece euros con vinte céntimos (13,20 €)/hora.

Prezo extraordinario sen IVE: doce euros con cincuenta céntimos (12,50 €)/hora.

IVE aplicado: 10 %. Importe IVE: un euro con vinte e cinco céntimos (1,25 €)/hora.

Prezo extraordinario, IVE incluído: trece euros con setenta e cinco céntimos (13,75 €)/hora.

Servizo de dependencia.

Prezo ordinario sen IVE: doce euros (12,00 €)/hora.

IVE aplicado: 4 %. Importe IVE: corenta e oito céntimos de euro (0,48 €)/hora.

Prezo ordinario, IVE incluído: doce euros con corenta e oito céntimos (12,48 €)/hora.

Prezo extraordinario sen IVE: doce euros con cincuenta céntimos (12,50 €)/hora.

IVE aplicado: 4 %. Importe IVE: cincuenta céntimos de euro (0,50 €)/hora.

Prezo extraordinario, IVE incluído: trece euros (13,00 €)/hora.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: mellor oferta técnica

San Cibrao das Viñas, 10 de xuño de 2014

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde