Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27497

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial do sistema xeral de infraestruturas e servizos de abastecemento de auga e de saneamento.

O pleno do Concello da Laracha, en sesión ordinaria do 26 de marzo de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial do SXIS de abastecemento de auga e de saneamento, tramitado de oficio polo concello, segundo o proxecto redactado pola empresa Monteoliva Arquitectura, datado no mes de marzo de 2014.

Segundo. Publicar o acordo no Diario Oficial de Galicia e o articulado das normas do plan especial, así como o acordo correspondente no Boletín Oficial da provincia; non entrará en vigor ata que se publique completamente o seu texto e transca o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 abril, reguladora das bases do réxime local.

Terceiro. Notificarlles persoalmente aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo expediente este acordo e comunicarlles que pon fin á vía administrativa e que contra el poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do texto no Boletín Oficial da provincia.

Cuarto. Ordenar ao secretario da Corporación que dilixencie os planos e documentos aprobados definitivamente.

Quinto. Consonte o disposto no artigo 92.3 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, comunicar a aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.

2. De acordo co sinalado no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicouse no BOP número 91, do día 15 de maio de 2014, o texto normativo e os planos de ordenación.

3. En cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acto de aprobación definitiva do citado plan especial foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, o día 19 de maio de 2014.

A Laracha, 19 de maio de 2014

José Manuel López Varela
Alcalde