Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27494

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de licitación do contrato de xestión de servizo público relativo ao ciclo integral da auga.

De conformidade co acordado polo Pleno do Concello en sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de maio de 2014, por medio deste anuncio convócase procedemento aberto para a adxudicación do contrato de xestión de servizo público, na modalidade de concesión, que ten por obxecto a xestión do ciclo integral da auga do concello de Cangas, conforme as seguintes especificacións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cangas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría-Apoio Xurídico.

2. Domicilio: avenida Castelao, nº 2.

3. Localidade e código postal: Cangas, 36940.

4. Teléfono: 986 30 00 50.

5. Fax: 986 30 48 50.

6. Correo electrónico: laboral@cangas.org

7. Enderezo do perfil do contratante: www.cangas.org

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato administrativo de xestión de servizo público.

b) Modalidade: concesión.

c) Descrición: xestión do ciclo integral da auga: abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais.

d) Lugar de execución: Cangas.

e) Prazo de execución: 25 anos (non prorrogable).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Procedemento: aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

b) Tramitación: ordinaria.

c) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 16ª do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP):

• Criterios avaliables mediante xuízos de valor: ata 40 puntos.

• Proxecto técnico de organización dos servizos: ata 25 puntos.

• Metodoloxía de xestión e mellora dos servizos: ata 15 puntos.

• Criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas: ata 60 puntos.

• Canon inicial anticipado: ata 25 puntos.

• Menor custo total unitario da explotación do CIA e a súa repercusión na cota das tarifas: ata 20 puntos.

• Melloras sen custo adicional: ata 15 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 55.440.421,25 € (IVE excluído).

5. Tipo de licitación/canon de explotación: 800.000 € (mellorable á alza).

6. Garantías:

▪ Definitiva: 5 % do valor estimado do contrato (2.772.021,06 euros).

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional segundo o establecido na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

• Prazo: vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG (último anuncio publicado).

• Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Cangas ou por correo (cláusula 14ª do prego de cláusulas administrativas particulares).

9. Apertura de ofertas:

Anunciarase no perfil do contratante do Concello de Cangas.

10. Gastos de publicidade:

Os gastos derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Cangas, 2 de xuño de 2014

José Enrique Sotelo Villar
Alcalde presidente