Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27174

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (509/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 509/2014, de esta sección, en que son recorrentes Sara Barcia Pérez e a empresa Marco Energy System, S.L. e como recorridos, Construcciones y Montajes Agal, S.A., a administración concursal de Construcciones y Montajes Agal, S.L. (Isaías González García), Marco Aurelio Mimoso Santos, Grupel Grupos Electrógenos, S.A., Omnisantos SGPS, S.A., Omnimetal Industria Electrónica y Metalometálica e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento disciplinario, se ditou sentenza o 16 de maio de 2014, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos: desestimamos os recursos de suplicación interpostos pola letrada Belén Lareo Lodeiro, en nome e representación de Sara Barcia Pérez, e pola codemandada Marco Energy System, S.L. contra a sentenza do 2 de xullo de 2013 ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, no procedemento 967/2012, seguido sobre despedimento, confirmando integramente a expresada resolución.

Déase aos depósitos e consignacións o destino legal. Condénase a Marco Energy System, S.L.U. a aboar 600 euros en concepto de honorarios da letrada da parte impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala no bano Banesto nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Montajes Agal, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revertir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2014

A secretaria xudicial