Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27173

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 3 de xuño de 2014 polo que se dá publicidade á Resolución do 2 de xuño de 2014, pola que se convoca a concurso público unha praza de profesor contratado doutor.

Aprobada a oferta de emprego público para o ano 2014, por Resolución do 27 de maio de 2014.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril); na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que por Resolución do 2 de xuño de 2014 se convoca un concurso para a provisión dunha praza de profesor contratado doutor.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse na Reitoría (rúa da Mestranza, nº 9), na Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n), así como na páxina web da Universidade

http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/index.html

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de xuño de 2014

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña