Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27264

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de maio de 2014 pola que se notifica o prego de cargos do expediente sancionador COL/31/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

A instrutora do expediente sancionador en materia de costas COL/31/2013-RP1, incoado pola realización de actuacións abusivas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre consistentes na construción de chousume de leira, soleira de formigón, construción con estrutura de madeira e cuberta a dúas augas, churrasqueira e outras instalacións auxiliares, no lugar de Rebordelo, no termo municipal de Boiro, provincia da Coruña, o día 22 de maio de 2014, formulou o prego de cargos previsto no artigo 194.7 do Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei de costas, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro.

Ao non poderse realizar a notificación do prego de cargos a Mónica Blanco Sánchez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito prego de cargos.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretenda valer.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística