Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de maio de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/38/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 24 de abril de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/38/2014-RP1 polas obras realizadas en solo de núcleo rural sen a preceptiva licenza urbanística municipal, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar e dúas edificacións auxiliares no lugar de Caldeliñas, no Camiño Veiga do Pobo, 29, Caldeliñas, no termo municipal de Verín.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a José Manuel González Balsa, en calidade de promotor das ditas obras, e a Enma Balsa Prieto, en calidade de propietaria catastral do terreo onde se levan a cabo as obras, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentaren as alegacións, documentos ou informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística