Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de maio de 2014 pola que se notifica a orde de suspensión de obras ditada no expediente OUR/38/2014-S1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 24 de abril de 2014, resolución pola que se ordena a suspensión inmediata das obras que se executan en solo de núcleo rural sen a preceptiva licenza urbanística municipal, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, no lugar de Caldeliñas, no Camiño da Veiga do Pobo, 29, Caldeliñas, no termo municipal de Verín.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a José Manuel González Balsa, en calidade de promotor das ditas obras, e a Enma Balsa Prieto, en calidade de propietaria catastral do terreo onde se levan a cabo, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poderán interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística