Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de maio de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/2/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 24 de abril de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/2/2014-RP1 polas obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar no lugar de Lameiro, Escarnabois, no termo municipal de Trasmiras.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Remigio Pazos Rodríguez, en calidade de promotor das ditas obras e propietario dos terreos onde se levan a cabo, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste, e sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística