Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 23 de maio de 2014, do director xeral de Desenvolvemento Rural, que modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Xanceda-Mesía II (Mesía-A Coruña).

O 23 de maio de 2014 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou a Resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Xanceda-Mesía II (Mesía-A Coruña), que se transcribe a seguir:

O acordo de concentración parcelaria da zona foi aprobado pola dirección xeral competente por razón de materia, con data do 30 de agosto de 2011, e foi publicado e notificado na forma legalmente prevista.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Mesía, con data do 28 de abril de 2014, solicitou a cesión da titularidade do predio núm. 314, dado que, polas súas características se pretende empregar para canteira de material para mantemento dos camiños públicos e necesidades dos veciños.

Visto o informe favorable da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación para o caso.

Á vista de que o destino para o cal se solicita o predio núm. 314 é perfectamente subsumible no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Xanceda (Mesía-A Coruña), e adxudicar ao Concello de Mesía a titularidade do predio núm. 314, que causa baixa no fondo de terras da zona, para ser destinadas ao fin que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

Segundo. Transcorridos cinco anos desde a cesión das titularidades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá ao fondo de terras da zona, ao patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

Terceiro. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Coristanco.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa (artigo 114, Lei 30/1992), poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 2 de xuño de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña