Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios para seren notificados por comparecencia na resolución de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Buscás II (Ordes-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 2 de xuño de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 4 de marzo de 2014 de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Buscás II (Ordes-A Coruña).

Interesados/as:

Candal García, Mª del Carmen.

Candal Vieites, Antonio.

Martínez Calvo, José María.

Marzoa Moar, Jesús.

Marzoa Moar, José.

Riande Iglesias, Concepción.

Stolle Ramos, Elvira.