Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento e posta en marcha de sistemas de información para a xestión e difusión da Rede de bibliotecas de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 81/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 81/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento e posta en marcha de sistemas de información para a xestión e difusión da Rede de bibliotecas de Galicia.

b) División por lotes e número: si, dous.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo para ambos os dous lotes será de 18 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 379.713,22 €, máis 79.739,78 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 459.453,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades segundo os lotes:

• Lote 1: Sistema integrado de xestión bibliotecaria.

2014: 142.676,03 € + IVE (29.961,97 €) = 172.638,00 €.

2015: 113.235,54 € + IVE (23.779,46 €) = 137.015,00 €.

Total: 255.911,57 € + IVE (53.741,43 €) = 309.653,00 €.

• Lote 2: Espazo da internet da Rede de Bibliotecas de Galicia.

2014: 87.355,37 € + IVE (18.344,63 €) = 105.700,00 €.

2015: 36.446,28 € + IVE (7.653,72 €) = 44.100,00 €.

Total: 123.801,65 € + IVE (25.998,35 €) = 149.800,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20605

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o punto N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 9 de xullo de 2014, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 10.2.2014.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 10.6.2014.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia