Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Sarreaus (expediente IN407A 2013/40-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UTE Vilariño Vía Izquierda.

Domicilio social: rúa Acanto, nº 22, 5º planta, 28045 Madrid.

Denominación: LMT subt. e CT prov. obras túnel AVE Vilariño-Campobecerros.

Situación: Sarreaus e Vilar de Barrio.

Características técnicas:

– LMT de 285 m de lonxitude, a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL 12/20kV 3x(1x240 mm2) Al, con orixe na cela de cliente da subestación Sarreaus 132/20 kV, propiedade de Unión Fenosa Distribución, e final na cela de remonte, en caseta, situada na parcela 501 do polígono 287 do concello de Sarreaus; aparellaxe para o nivel de tensión 20 kV (tensión asignada 24 kV); cela de remonte, cela de protección dobre seccionador, cela para transformador bipolar de servizos auxiliares de 4 kVA e cela de liña.

– CT intemperie elevador R/T 20.000/400-230 de 12,5 MVA e transformador de servizos auxiliares R/T 20.000/400-230 de 4 kVA; aparellaxe para o nivel de tensión 30 kV (tensión asignada 36 kV): cela de remonte, cela de protección con interruptor automático.

– LMT de 12.194 m, a 30 kV, con condutor RHZ1 2OL 18/20 kV 3x(1x240 mm2) Al, con orixe na cela de protección, con interruptor automático, do trasformador intemperie elevador antes sinalado, e final no paso aerosubterráneo (PAS) proxectado no lugar do monte Ameá (Vilar de Barrio).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de aplicación ao expediente polo sinalado na disposición transitoria segunda da nova Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto presentado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalaciones que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 5 de xuño de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense