Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto dunha instalación eléctrica nos concellos de Vilar de Barrio, Laza e Castrelo do Val (expediente IN407A 2013/80-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Propietario: ADIF.

Solicitante: UTE Vilariño Vía Izquierda.

Domicilio social: rúa Acanto, 22, 5º andar, 28045 Madrid.

Denominación: proxecto de adecuación e mellora da LMT aérea existente, propiedade da ADIF (treito Vilar de Barrio-Campobecerros).

Situación: Vilar de Barrio, Laza e Castrelo do Val.

Características técnicas:

– LMT aereosubterránea, a 30 kV, de 25.337 m de lonxitude en aéreo, con condutor LA-110/116,20 mm2 Al sobre 176 apoios metálicos/formigón, con orixe no anterior apoio nº 1478 da liña eléctrica existente de acompañamento á liña ferroviaria convencional Zamora-Ourense, en Vilar de Barrio, con PAS, e final no punto de situación do anterior apoio nº 1159 da mesma instalación, actual apoio nº 176, en Campobecerros, tamén con paso aéreo a subterráneo, e 150 m en subterráneo a partir daquel, con condutor RHZ1 OL 18/30 kV/3×1×240 mm2 Al.

– CT redutor ao final da instalación citada no punto anterior, de 20 MVA de potencia aparente e R/T 30/20kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de aplicación ao expediente polo sinalado na disposición transitoria segunda da nova Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 5 de xuño de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense