Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 30 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á empresa Gravas e Áridos do Louro, S.L. a solicitude de restauración e de advertencia de incautación da garantía financeira para o cumprimento do plan de restauración ambiental da concesión de explotación denominada Cillarga, número PO/C/02668.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícaselle á empresa Gravas e Áridos do Louro, S.L., con CIF B-36272334, a solicitude de restauración e de advertencia de incautación da garantía financeira para o cumprimento do plan de restauración ambiental da concesión de explotación Cillarga, número PO/C/02668.

Comunícase o anterior e concédeselle un prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto, para que poida presentar alegacións, así como os documentos e xustificacións que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 30 de maio de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra