Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, que notifica as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de seguridade industrial 84/I/13(ES 78/13),90/I/13(IN635C 2013/86-2),92/I/13(IN635C 2013/87-2),102/I/13(ES 79/13).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase por anuncio no DOG a resolución do procedemento aos interesados que se sinalan no anexo.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ou do domicilio do interesado –se radica en Galicia–, á elección deste, no prazo de dous meses contados desde a dita data.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente: 84/I/13(ES 78/13).

Interesada: Instalaciones y Mejoras del Gas, S.L.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 90/I/13(IN635C 2013/86-2).

Interesada: Construcciones Villarrairos, S.L.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 92/I/13(IN635C 2013/87-2).

Interesada: Construcciones Villarrairos, S.L.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 102/I/13(ES 79/13).

Interesada: Segurgas 2013, S.L.U.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.