Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castrelo do Val (expediente IN407A 2013/66-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UTE Vilariño Vía Izquierda.

Domicilio social: rúa Acanto, 22, 5ª planta, 28045 Madrid.

Denominación: LMT, CD e CTS para subministración provisional á plataforma do corredor norte AVE Madrid-Galicia (treito Vilariño Campobecerros vía esquerda).

Situación: Castrelo do Val.

Características técnicas:

1. LMTS: (liña de media tensión subterránea) de 700 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL12/20 kV 3x(1x240 mm2) con orixe na subestación transformadora 30/20 kV previsto no expediente IN407A 2013/080-3 modificado nº 1 de proxecto de adecuación e mellora de liña de media tensión aérea existente, propiedade de ADIF (treito Vilar de Barrio-Campobecerros) e final no centro de distribución proxectado.

2. CD: (centro de distribución) en edificio prefabricado coas seguintes celas de alta tensión:

• Cela de liña de entrada.

• Cela de protección ao centro de transformación praia de Vías (CT pv).

• Cela de protección ao centro de transformación cintas e servizos auxiliares (CT c+sa).

• Cela de protección ao centro de transformación planta de Dovelas (CT pd).

• Cela de protección ao centro de transformación iluminación (CT i).

• Cela de protección ao centro de transformación ventilación (CT v).

• Cela de protección ao centro de transformación a TBM-1 (TBM-1).

• Cela de protección ao centro de transformación a TBM-2 (TBM-2).

• Cela de protección de reserva (reserva).

• Banco de condensadores trifásico de 2MVAr-20.000 V/3F/50 Hz.

3. LMTS: (liña de media tensión subterránea):

• De 670 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL12/20 kV 3×(1×95 mm2) con orixe na cela de protección do centro de distribución proxectado anterior final no centro de transformación praia de Vías (CT pv) proxectado.

• De 125 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL12/20 kV 3×(1×95 mm2) con orixe na cela de protección do centro de distribución proxectado anterior e final no centro de transformación cintas e servizos auxiliares (CT c+sa) proxectado.

• De 250 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL12/20 kV 3×(1×95 mm2) con orixe na cela de protección do centro de distribución proxectado anterior e final no centro de transformación planta Dovelas (CT pd) proxectado.

• De 185 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL12/20 kV 3×(1×95 mm2) con orixe na cela de protección do centro de distribución proxectado anterior e final no centro de transformación iluminación (CT i) proxectado.

• De 250 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL12/20 kV 3×(1×95 mm2) con orixe na cela de protección do centro de distribución proxectado anterior e final no centro de transformación ventilación (CT v) proxectado.

• De 245 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL12/20 kV 3×(1×95 mm2) con orixe na cela de protección do centro de distribución proxectado anterior e final na tuneladora. Esta liña denomínase TBM-2 e serán obxecto dun proxecto independente, xunto co resto das instalacións eléctricas de alta tensión que hai no interior do túnel.

4. CTs: (centros de transformación):

• Centro de transformación praia de Vías (CT pv), en edificios prefabricados, con cela de liña, cela de protección con interruptor e transformador seco de 1.600 kVAs, RT: 20.000/400-230V.

• Centro de transformación cintas e servizos auxiliares (CT c+sa), en edificios prefabricados, con cela de liña, cela de protección con interruptor para trafo 1, cela de protección con interruptor para trafo 2, transformador seco de 2.000 kVAs, RT: 20.000/400-230 V e transformador seco de 2.000 kVAs, RT: 20.000/400-230V.

• Centro de transformación planta de Dovelas (CT pd), en edificios prefabricados, con cela de liña, cela de protección con interruptor e transformador seco de 1.600 kVAs, RT: 20.000/400-230V.

• Centro de transformación iluminación (CT i), en edificios prefabricados, con cela de liña, cela de protección con interruptor para trafo 1, cela de protección con fusibles para trafo 2, transformador seco de 1.600 kVAs, RT: 20.000/400-230 V e transformador seco de 250 kVAs RT: 400-230/3.200 V.

• Centro de transformación ventilación (CT v), en edificio prefabricado de formigón monobloque, con cela de liña, cela de protección con interruptor e transformador en baño de aceite de 3.500 kVAs, RT: 20.000/690 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 5 de xuño de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense