Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Laxe (expediente IN407A 2014/049-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Núm. expte.: IN407A 2014/049-1.

Solicitante: Electra do Foxo, S.L.

Domicilio social: Torelo, 15, 15129 Vimianzo.

Denominación: centro de distribución Castrelo.

Situación: concello de Laxe.

Características técnicas:

LMT soterrada, a 20 kV, en simple circuíto, de 31 metros de lonxitude total (21 metros de canalización), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 KAl+H16), con orixe no paso aéreo-subterráneo que se instalará no apoio de formigón tipo HVH 2500/15 existente (apoio nº 112-9 da LMT VIM-803 Laxe-Neaño, propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A.) dotado de autoválvulas e no cal se instalará un novo paso aéreo-soterrado con pararraios autoválvulas e elementos de seccionamento XS, no cal se materializará o punto de entroncamento coa rede de distribución de Unión Fenosa Distribución, S.A. (os traballos de conexión ás instalacións de Unión Fenosa Distribución, S.A. serán executados por esta) e remate en cela de liña do centro de distribución (CD) proxectado.

Novo centro de distribución (CD) propiedade de Electra do Foxo, S.L. con acceso autorizado ao equipamento de medida para o persoal de Unión Fenosa Distribución, S.A., proxectado en edificio prefabricado de formigón, marca Ormazábal, tipo PF-2025 ou similar, compacto, de manobra interior, composto por:

– Unha (1) cela de entrada de liña de alimentación ao CD, unha (1) cela de interruptor automático con seccionador de corte en baleiro, unha (1) cela de saída de liña de conexión coa rede de distribución de Electra do Foxo, S.L., unha (1) cela de protección de transformador e unha (1) cela de medida, con envolvente metálica e illamento en SF6; transformador de 160 kVA de potencia (ampliable ata 630 kVA) e relación de transformación 20/0,40-0,23 kV; cadro de baixa tensión tipo AC4-1600 TI 1000/5A; aparellaxe de manobra e protección; equipamento de medida; tomas de terra de ferraxes e neutro no interior e no exterior.

LMT soterrada, a 20 kV, en simple circuíto, de 32 metros de lonxitude total (22 metros de canalización), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 KAl+H16), con orixe en cela de liña do CD proxectado e remate no novo paso aéreo-subterráneo que se vai instalar no apoio de formigón tipo HVH 1600/12P existente que serve de soporte ao actual CTI Torrexallóns I (expediente 50.457) a desmontar por seres substituído polo CD proxectado, que se dotará de pararraios autoválvulas e elementos e seccionamento SXS, no cal se materializará o acoplamento coa rede de distribución de Electra do Foxo, S.L.

Recuamento dos tres (3) circuítos da rede de baixa tensión existentes que saen do CTI Torrexallóns I (expediente 50.457) ata o novo cadro de baixa tensión proxectado no CD Castrelo, no cal se fará o acoplamento coa maioría da rede de baixa tensión existente, proxectándose ademais a instalación dun novo treito de rede de baixa tensión por canalización existente, a 400/230 V, de 25 metros de lonxitude, en condutor XZ1 0,6/1 kV 4(1×95 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión do CD proxectado e remate no actual aéreo-subterráneo existente no apoio de formigón tipo HV 1000/S10 existente, que recollerá o resto da rede de baixa tensión existente.

Desconexión, peche e desmantelamento de parte das instalacións que se indican a seguir, inicialmente contidas no proxecto denominado CTI Torrexallóns I autorizado para a súa execución baixo o expediente administrativo 50.457:

– Centro de transformación tipo intemperie e a súa aparellaxe (transformador de 100 kVA de potencia colocado sobre poste de formigón que se mantén, crucetas, illadores), cadro de protección das saídas de baixa tensión, treito de rede de baixa tensión de 4 metros de lonxitude en condutor RZ de seccións 3 (1×150/80,6 mm2 Al/Alm), treito de LMTA en condutor LA-30, apoios MT de formigón tipo HV 1600/14 (1) e apoios BT de formigón tipo HV 1000/11 (1).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se insire xunto a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se tería podido realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre eles, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 27 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial

Anexo

Núm. expte.: IN407A 2014/049-1.

Proxecto: centro de distribución Castrelo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Predio

Referencia catastral

Cultivo

Cualificación urbanística

Nome propietaria

Enderezo

DNI

Superficie parcela (m2)

Superficie afectada polo proxecto

1

15041A502002330000DQ

Agrario (labor ou labradío secaño 02)

Solo rústico especial protección agropecuaria

María del Carmen, Theodosio Pérez

Castrelo, s/n 15117 Laxe

32234364W

840,00

169,73