Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26922

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2014 pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Innovación, para a súa cobertura.

En virtude do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto que se indica no anexo I desta resolución, ao cal, de acordo co artigo 22 dos estatutos da Axencia Galega de Innovación, aprobados polo Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, lle corresponden o deseño e a planificación estratéxica en materia de innovación, investigación e desenvolvemento tecnolóxico, así como a avaliación das convocatorias de axudas impulsadas pola dita axencia no ámbito de I+D+i, e as seguintes funcións:

a) A definición e planificación de estratexias e programas en materia de I+D+i.

b) O fomento dos vínculos de relación entre as empresas e os restantes axentes do sistema galego de I+D+i.

c) O desenvolvemento de programas de apoio aos grupos de investigación e centros tecnolóxicos para que incrementen os seus resultados.

d) O deseño e fomento de políticas que permitan desenvolver, proxectar e atraer talento ás empresas e axentes de I+D+i.

e) A avaliación de convocatorias de axudas no eido da I+D+i impulsadas pola Axencia.

f) O desempeño das accións precisas para a difusión de coñecementos, sensibilización social, información e promoción da ciencia e a tecnoloxía.

g) A información e difusión en materia de propiedade industrial.

h) Calquera outra función que se lle encomende no ámbito da súa competencia.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as candidatos/as que reúnan os requisitos sinalados no anexo I. Na valoración dos candidatos atenderase a principios de mérito e capacidade e a criterios de idoneidade e adecuación do perfil profesional da persoa candidata, en relación co posto de traballo que se vai desempeñar.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Axencia Galega de Innovación (rúa dos Feáns, nº 7, baixo, 15706 Santiago de Compostela), no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Serán excluídos do proceso de selección todos aqueles aspirantes que non reúnan os requisitos de participación exixidos na presente convocatoria ou que presenten a súa solicitude fóra de prazo ou incumpran os termos formais de presentación sinalados.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae en que consten títulos académicos, anos de servizo, postos de traballo desenvolvidos, estudos e cursos realizados, así como calquera outro mérito que se coide oportuno poñer de manifesto, xustificando documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto. Esta convocatoria será resolta polo Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto no artigo 15.j) dos estatutos da dita Axencia, aprobados polo Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto o posto, se se considera oportuno.

Sétimo. O prazo para a toma de posesión do posto adxudicado será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O prazo posesorio empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante a Consellería de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2014

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Código: IN.A11.00.002.15770.001.

Denominación do posto: director/a da Área de Programas.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal directivo (artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro).

Directivo do grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: funcionario (subgrupo A1).

missing image file