Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26919

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 26 de maio de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Mediante a Orde do 19 de marzo de 2014 (DOG núm. 71, do 11 de abril) anúnciase a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Sanidade que se detalla no anexo desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 19 de marzo de 2014 e designar a persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica e que é seleccionada conforme o establecido nas bases da citada convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do día seguinte á da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete días hábiles se comporta cambio de residencia ou de vinte días hábiles cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Cuarto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso de reposición ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Datos da funcionaria.

Apelidos e nome: Vilar Carneiro, Ana.

NRP: 3603746302 A206C.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e Administración sanitaria, clase de inspectores farmacéuticos.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo.

Denominación do posto: xefatura da Unidade de Inspección e Control de Prestacións Sanitarias.

Código do posto: CSA991010136560009.

Nivel c.d.: 28.

Centro directivo ou dependencia: Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios (Vigo).

Localidade: Vigo.