Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26926

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2014 pola que se convoca, para a súa provisión polo sistema de libre designación, un posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación.

En virtude do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Axencia Galega de Innovación (rúa dos Feáns, nº 7, baixo, 15706 Santiago de Compostela), no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un currículum vítae xustificando documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto. Esta convocatoria será resolta polo Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto no artigo 15.j) dos estatutos da citada Axencia, aprobados polo Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto, se se considera oportuno.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O prazo posesorio empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Consellería de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2014

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Código: IN.A11.00.001.15770.001.

Denominación do posto: director/a da Área de Xestión.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Forma de provisión: LD.

Corpo ou escala: xeral.

Subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 18.025,32 euros.

Tipo de adscrición: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

missing image file