Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 23 de maio de 2014, da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-25.13, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-25.13, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, propor proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2014

Juan Antonio Naveira Seoane
Subdirector xeral de Protección do Patrimonio Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-P-25.13.

Interesado: Ángel Cabaleiro Lago.

Último enderezo coñecido: O Carballal, 26, 36318 Cabral-Vigo.

Feitos imputados: construción dunha nave para gando, no lugar do Carballal, parroquia de Santa Mariña de Cabral, no contorno de protección do xacemento arqueolóxico do castro do Carballal, sen contar coa autorización previa e preceptiva da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Tipificación: art. 90.g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: art. 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.