Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Algacari).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación da acta da asemblea xeral extraordinaria, onde se reflicte o acordo acadado o 9 de maio de 2014 e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

– Denominación: Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Algacari).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: empresarios/as que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da dita asociación e que reúnan as condicións do artigo 2 dos seus estatutos.

– Asinantes: José Abeijón Mayo e J. Gerardo Triñanes Fernández.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social