Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 21 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a suspensión da instrución do expediente sancionador na orde social (RL 2014/0073-4).

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a seguir, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a suspensión cautelar da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao existir un procedemento xudicial iniciado no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas, P.A. núm. 24/2013, por mor do accidente laboral do traballador Mario Martínez Adán, ata que sexa ditada sentenza firme en aplicación do disposto no artigo 5 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, e no artigo 3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. A dita paralización manterase ata que nesta dependencia se teña coñecemento da sentenza recaída ou orde de arquivo.

Expediente: RL 2014/0073-4.

Acta nº: I362014000021174.

Empresa: Milucho Obras y Construcciones, S.L.

NIF: B-36341048.

Enderezo: Sarabigo, 16 Cela, Bueu.

Vigo, 21 de maio de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo