Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 23 de maio de 2014, da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador S-C-02.14, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de incoación do expediente sancionador S-C-02.14, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A interesada disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, propor proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Advírtese o interesado de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2014

Juan Antonio Naveira Seoane
Subdirector xeral de Protección do Patrimonio Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-C-02.14.

Interesada: Nebril Forestal, S.L.

Último enderezo coñecido: avda. España, 26, Cedeira.

Feitos imputados: obras de ampliación de pistas orixinais e apertura de novos accesos que implicaron a realización de movementos de terras que afectaron a área de respecto das mámoas do monte de Brión e a área de protección integral do túmulo denominado GA15036044, situadas no monte de Brión, concello de Ferrol.

Tipificación: art. 90.g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: art. 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.