Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2013/160).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación subestación Mourela 132 kV, cambio T-1 e acoplamento 20 kV.

Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

Ampliación do parque 132 kV da subestación Mourela, consistente en:

– Instalación dun novo transformador T-I sobre bancada existente, de características:

– Relación de transformación: 132/20 kV.

– Potencia: 30 MVA.

– Refrixeración: ONAN.

– Grupo de conexión: YNyn0d11.

– Conexións para as derivacións de barras e as conexións entre aparellaxe, en condutor tipo Condor LA-455.

Modificación do parque 20 kV da subestación Mourela, consistente en:

– Instalación dunha nova posición de acoplamento lonxitudinal composta por unha posición de manobra (integrada por un seccionador tripolar rotativo de 1.250 A e un interruptor tripolar de 1.250 A) e unha de remonte (integrada por un seccionador tripolar rotativo de 1.250 A), interconectadas mediante condutor illado tipo RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 3(1 × 630 mm2 Cu) + H16, quedando cunha configuración de simple barra partida (8 BA 1 e 8 BA 2).

– Instalación dunha nova medida de barras, proxectándose a instalación de tres (3) novos transformadores de tensión para medida de barras (semebarra 8 BA 2).

– Conexións para as derivacións de barras e as conexións entre aparellaxe, en condutor Cu de 500 mm2 de sección.

– Conexión entre bornes de secundario do transformador e o interruptor, en condutor Cu Ø60/54 mm.

Readaptación das proteccións propias do transformador, diferencial de trafo e de sobre intensidade de fases en alta e baixa tensión e de neutro.

Conexión da cuba do eléctrodo soterrado do novo transformador mediante condutor Cu de 9 mm2 de sección á rede de terras existente da subestación.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 20 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial