Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se someten a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2014/34).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra CS Santa Comba, e interconexión con liñas Cerceda-A Silva, A Picota, O Igrexario Santa Comba.

Características técnicas:

– Centro de seccionamento para instalar no interior dun edificio prefabricado de formigón tipo monobloque, que será o punto de manobra das liñas LMT Cerceda-A Silva (expediente 2007/488) (apertura de liña); LMT A Picota (expediente 8.842), LMT O Igrexario Santa Comba (expediente 51.977).

– Neste centro de seccionamento instalaranse cinco celas de media tensión, una cela de entrada para a liña Cerceda-A Silva e tres celas de saída para as liñas Cerceda-A Silva, A Picota e O Igrexario Santa Comba, e unha cela de pretección con trafos de tensión para a alimentación dos servizos auxiliares. Todas elas con illamento e corte en SF6.

– Novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHA1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 kAl + H16), que terá o seu inicio no paso aéreo-subterráneo que se efectuará no apoio existente nº 46, tipo C-2000/16 da LMT Cerceda-A Silva (expediente 2007/488) e final nunha das celas de liña para instalar no CS Santa Comba proxectado, sendo a lonxitude total da liña proxectada de 55 metros.

– Novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHA1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 kAl + H16), que terá o seu inicio nunha das celas de liña que se instalará no CS Santa Comba proxectado e finalizará no paso aéreo-subterráneo para realizar no apoio existente nº 46, tipo C-2000/16 da LMT Cerceda-A Silva, con conexión coa liña LMT Cerceda- A Silva (expediente 2007/488), sendo a lonxitude total da liña proxectada
de 55 metros.

– Novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHA1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 kAl + H16), que terá o seu inicio nunha das celas de liña para instalar no CS Santa Comba proxectado e finalizará no paso aéreo-subterráneo para realizar no apoio existente nº 46, tipo C-2000/16 da LMT Cerceda-A Silva, con conexión coa liña LMT A Picota (expediente 8.842), sendo a lonxitude total da liña proxectada de 55 metros.

– Novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHA1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 kAl + H16), que terá o seu inicio nunha das celas de liña que se instalará no CS Santa Comba proxectado e finalizará no paso aéreo-subterráneo para realizar no apoio existente nº 47, tipo CHV-13/1600 da LMT Cerceda-A Silva, con conexión coa liña LMT O Igrexario Santa Comba (expediente 51.977), sendo a lonxitude total da liña proxectada de 28 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 2 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial