Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26505

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de maio de 2014 pola que se autoriza a implantación na Universidade de Santiago de Compostela do máster universitario en Investigación en Ciencias da Visión para o curso 2013/14 e se revoga a autorización para impartir determinadas titulacións universitarias oficiais de máster universitario nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola Comunidade Autónoma, logo de solicitude de implantación polas universidades, segundo o disposto na lexislación vixente.

Mediante o Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, establécese a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, e disponse no seu capítulo VI o procedemento de verificación e acreditación dos títulos. Os plans de estudos serán verificados mediante resolución do Consello de Universidades e autorizados pola comunidade autónoma. Mediante Acordo do Consello de Ministros establecerase o carácter oficial dos títulos e procederase á súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, e a Orde do 20 de marzo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Decreto 222/2011, do 2 de decembro, establécese que o procedemento para obter a autorización de implantación das ensinanzas universitarias oficiais no ámbito territorial propio da comunidade autónoma se fará por orde da consellería competente en materia de universidades e que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Previamente terá que ser informado polo Consello Galego de Universidades, de acordo co previsto no artigo 56 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia.

O artigo 19.2 da citada Orde do 20 de marzo de 2012 recolle que as universidades, logo de seren autorizadas a implantar estudos, quedarán obrigadas a adoptar as garantías precisas para que non se demore a súa impartición máis alá dun curso académico. Por razóns excepcionais, debidamente xustificadas, o departamento competente en materia de universidades poderá autorizar a non impartición da titulación noutro curso académico. A non impartición da titulación máis alá de dous cursos académicos consecutivos levará consigo o inicio do procedemento de revogación.

O Pleno do Consello Galego de Universidades, na sesión do 26 de maio de 2014, en exercicio das súas competencias, acordou emitir informe favorable sobre a solicitude de implantación e revogación polas universidades do Sistema universitario de Galicia dos títulos que se relacionan a seguir.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Conceder autorización á Universidade de Santiago de Compostela para implantar, para o curso 2013/14, as ensinanzas universitarias oficiais de máster universitario en Investigación en Ciencias da Visión (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do máster universitario en Investigación en Ciencias da Visión coordinado pola Universidade de Valladolid e no que tamén participan a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Complutense de Madrid, a Universidade de Alcalá, a Universidade de Murcia e a Universidade de Navarra, autorizado para a USC polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 4310081.

Artigo 2

Revogar a autorización á Universidade da Coruña para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Máster universitario en Enxeñaría Marítima, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310004.

2. Máster universitario en Láseres e Aplicacións en Química. Quimiláser (interuniversitario), coordinado pola Universidade Pablo de Olavide e no cal participa a UDC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311024.

3. Máster universitario en Procuradoría (interuniversitario), coordina a USC e no cal participan a UDC e a Uvigo, autorizado pola Orde do 6 de xuño de 2013 e que figura inscrito no RUCT co código 4313728.

4. Máster universitario en Tecnoloxías da Información e Comunicación en Redes Móbiles-TICRM (interuniversitario), coordina a Universidade de Cantabria e no cal participa a UDC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310426.

Artigo 3

Revogar a autorización á Universidade de Santiago de Compostela para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfaces (interuniversitario). Coordina a Universidade de Granada e no cal participan a USC e a Uvigo, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311128.

2. Máster universitario en Dereito Privado, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311752.

3. Máster universitario en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311765

4. Máster universitario en Industria e Economía Leiteira, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310852.

5. Máster universitario en Investigación Agraria e Forestal, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311768.

6. Máster universitario en Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311769.

7. Máster universitario en Investigación en Ciencias da Visión (interuniversitario). Coordina a Universidade de Valladolid e no cal participa a USC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310081.

8. Máster universitario en Investigación en Didáctica das Ciencias Experimentais e da Matemática, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311771.

9. Máster universitario en Procuradoría (interuniversitario). Coordina a USC e no cal participan a USC e a Uvigo, autorizado pola Orde do 6 de xuño de 2013 e que figura inscrito no RUCT co código 4313728.

10. Máster universitario en Investigación en Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311775.

11. Máster universitario en Psicoxerontoloxía (interuniversitario). Coordina a Universidade de Barcelona e no cal participa a USC, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4311539.

Artigo 4

Revogar a autorización á Universidade de Vigo para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Máster universitario en Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Medio Ambiente, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310603.

2. Máster universitario en Biodiversidade e Ecosistemas, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4312441.

3. Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfaces (interuniversitario). Coordina a Universidade de Granada e no cal participan a USC e a Uvigo, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311128.

4. Máster universitario en Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310385.

5. Máster universitario en Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311036.

6. Máster universitario en Interpretación de Conferencias, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4312438.

7. Máster universitario en Investigación en Contabilidade e Finanzas, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310605.

8. Máster universitario en Metodoloxía e Aplicacións en Bioloxía Molecular, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310601.

9. Máster universitario en Procuradoría (interuniversitario). Coordina a USC e no cal participan a USC e a Uvigo, autorizado pola Orde do 6 de xuño de 2013 e que figura inscrito no RUCT co código 4313728.

10. Máster universitario en Radiocomunicación e Enxeñaría Electromagnética, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311044.

Artigo 5

As universidades adoptarán as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos dos estudantes que se encontren cursando estudos que inician o proceso de revogación de acordo co establecido no artigo 16 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria