Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2014 pola que se fai público o anuncio de información pública da solicitude de autorización de vertedura de augas residuais urbanas e a tramitación do estudo de impacto ambiental do proxecto de construción de tres EDAR en Figueiroa, Feás e Sismundi, asentadas e promovidas polo Concello de Cariño.

Claves: DH.V15.30721, DH.V15.30722 e DH.V15.30723.

En cumprimento do disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, na redacción dada pola Lei 6/2010, do 24 de marzo, de modificación do texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, e no artigo 245 do Regulamento de dominio público hidráulico, Augas de Galicia somete de forma simultánea ao trámite de información pública a documentación técnica e ambiental relativa á solicitude de autorización de vertedura de augas residuais urbanas e á tramitación do estudo de impacto ambiental achegada polo peticionario, para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden procedentes, persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro da entidade pública empresarial Augas de Galicia, sita na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles.

O prazo comezará a computar a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os que se consideren interesados terán á súa disposición para os ditos efectos informativos copia dos exemplares da documentación técnica e mais do estudo de impacto ambiental para que poidan ser examinados nas seguintes dependencias administrativas:

– Augas de Galicia: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Concello de Cariño: avda. da Paz, 2, 15360 Cariño.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Descrición das obras proxectadas

Peticionario: Concello de Cariño.

O peticionario está a tramitar a autorización de vertedura e o estudo de impacto ambiental correspondentes ás verteduras de augas residuais urbanas depuradas procedentes das instalacións das estacións depuradoras de augas residuais de Figueiroa, Feás e Sismundi (concello de Cariño).

– Clave de expediente: DH.V15.30721.

Asunto: solicitude de autorización de vertedura de augas residuais depuradas na EDAR de Figueiroa

– O caudal máximo de vertedura das augas residuais urbanas depuradas á ría de Ortigueira procedentes da EDAR de Figueiroa será de 9.125 m3/ano.

– A estación depuradora de augas residuais estará situada en Figueiroa (concello de Cariño), estará dimensionada para 175 habitantes equivalentes e contará cos seguintes dispositivos:

• Arqueta de desbaste e desareador de dimensións 2 × 1 × 1,5 m con reixa de desbaste con limpeza manual con luz de paso de 50 mm.

• Pozo de bombeo.

• Estación depuradora prefabricada compacta por oxidación total mediante aireación prolongada de dimensións 4,33 × 2,13 × 2,13 m e que consta de triturador-macerador, cámara de dixestión de 12,35 m3 de capacidade, filtro autolimpable de 3 mm de luz de paso, cámara de decantación de 2,48 m3 de capacidade e desinfección por ozono.

– O efluente resultante do sistema de depuración será vertido, logo de paso por unha arqueta de toma de mostras, á ría de Ortigueira (bacía da ría de Ortigueira) a través dun conduto de formigón de 300 mm de diámetro e 250 m de lonxitude.

– As coordenadas UTM do punto de vertedura á ría das augas residuais urbanas depuradas serán as seguintes: X=591.084; Y=4.840.914.

– Clave de expediente: DH.V15.30722.

Asunto: solicitude de autorización de vertedura de augas residuais depuradas na EDAR de Feás

– O caudal máximo de vertedura de augas residuais urbanas depuradas á desembocadura do río Seixo (bacía da ría de Ortigueira) será de 16.425 m3/ano.

– As augas residuais urbanas serán tratadas nun sistema de depuración prefabricado compacto de tipo biolóxico de oxidación total con aireación prolongada, deseñado para 245 habitantes equivalentes e que consta dos seguintes dispositivos:

• Arqueta de desbaste e desareador de dimensións 2 x 1 x 1,5 m con reixa de desbaste con limpeza manual con luz de paso de 50 mm.

• Estación depuradora prefabricada compacta por oxidación total mediante aireación prolongada de dimensións 5,28 × 2,33 × 2,33 m e que consta de triturador-macerador, cámara de dixestión de 20 m3 de capacidade, filtro autolimpable de 3 mm de luz de paso, cámara de decantación de 2,90 m3 de capacidade, recirculación de lodos e desinfección por ozono.

– O efluente resultante do sistema de depuración será vertido, logo de paso por unha arqueta de toma de mostras, á desembocadura do río Seixo (bacía da ría de Ortigueira) a través dun conduto de formigón de 300 mm de diámetro e 53 m de lonxitude.

– As coordenadas UTM do punto de vertedura das augas residuais urbanas depuradas á desembocadura do río Seixo (bacía da ría de Ortigueira) serán as seguintes: X=589.329; Y=4.838.006.

– Clave de expediente: DH.V15.30723.

Asunto: solicitude de autorización de vertedura de augas residuais depuradas na EDAR de Sismundi

– O caudal máximo de vertedura de augas residuais urbanas depuradas á ría de Ortigueira (bacía da ría de Ortigueira) será de 9.125 m3/ano.

– As augas residuais urbanas serán tratadas nun sistema de depuración prefabricado compacto de tipo biolóxico de oxidación total con aireación prolongada, deseñado para 175 habitantes equivalentes e que consta dos seguintes dispositivos:

• Arqueta de desbaste e desareador de dimensións 2 × 1 × 1,5 m con reixa de desbaste con limpeza manual con luz de paso de 50 mm.

• Pozo de bombeo.

• Estación depuradora prefabricada compacta por oxidación total mediante aireación prolongada de dimensións 4,33 × 2,13 × 2,13 m e que consta de triturador-macerador, cámara de dixestión de 12,35 m3 de capacidade, filtro autolimpable de 3 mm de luz de paso, cámara de decantación de 2,48 m3 de capacidade e desinfección por ozono.

– O efluente resultante do sistema de depuración será vertido, logo de paso por unha arqueta de toma de mostra, á ría de Ortigueira (bacía da ría de Ortigueira) a través dun conduto de formigón de 300 mm de diámetro e 200 m de lonxitude.

– As coordenadas UTM do punto de vertedura das augas residuais urbanas depuradas á ría de Ortigueira (bacía da ría de Ortigueira) serán as seguintes: X=590.722; Y=4.839.748.