Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a Carlos Iván López López, representante da entidade mercantil Xuvencas e Carballos, S.L., para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de ser intentada a notificación persoal en catro ocasións, emprázase a Carlos Iván López López para ser notificado por comparecencia do requirimento sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Montes da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entederase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Lugo, 23 de maio de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Acto notificado: requirimento de emenda do proxecto de ordenación do monte de Porto do Río, parroquia de San Xurxo do Cadramón, concello do Valadouro, Lugo.