Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao expediente de contratación 125/2013.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización de actividades de asesoramento, acompañamento de proxectos empresariais cooperativos, dinamización e promoción do cooperativismo e a economía social, dentro da rede Eusumo.

c) Tipo de fondo: cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: cento noventa mil euros (190.000,00 €) máis trinta e nove mil novecentos euros (39.900,00 €) correspondentes ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de douscentos vinte e nove mil novecentos euros (229.900,00 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 16 de maio de 2014.

b) Contratista: Estrategia y Organización, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento trinta e nove mil seiscentos cincuenta euros (139.650,00 €) máis vinte e nove mil trescentos vinte e seis euros con cincuenta céntimos (29.326,50 €) en concepto de IVE (21 %) o que supón un total de cento sesenta e oito mil novecentos setenta e seis euros con cincuenta céntimos (168.976,50 €).

6. Formalización: 19 de maio de 2014.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar